Viveiro, 27 de febreiro de 2019. A Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, denunciou este mércores que as obras anunciadas pola Xunta de Galicia na LU-161 son “un simple bacheo”. A rexedora socialista subliñou que “alegrámonos de que o PP teña en conta as nosas demandas e que tras reclamar hai unha semana melloras nesta vía decidan acometelas pero as actuacións que teñen previstas non chegan, son un parche e un lavado de imaxe de cara as eleccións municipais demaio”.
Os socialistas de Viveiro esixen un arranxo integral desta estrada autonómica que conecta Viveiro co Valadouro. “Necesitaríanse ensanchar as vías para facelas máis seguras, dotalas de beiravías, repintar a sinalización e limpar as cunetas. Trátase dunha vella demanda que os mariñáns reclamamos dende hai unha década e que con estes traballos anunciados polo Delegado Territorial da Xunta non nos dá nin para empezar. O goberno do PP en Galicia ten medios suficientes como para facer un acondicionamento contundente”.
“É curioso que a Xunta rexeitara unha emenda presentada polos socialistas aos orzamentos de 2019 na que pedíamos a mellora da LU-161 e agora, 2 meses despois, informen de que van a facer obras durante este ano”.
A Alcaldesa destacou que “dende o Concello de Viveiro seguiremos reclamando a mellora integral desta vía porque temos dereito a ter unhas infraestructuras decentes e non propias do século pasado, debido ao total abandono da Xunta de Galicia”.
Falta de repecto institucional
María Loureiro lamentou que dende a delegación territorial da Xunta de Galicia avisaran ao Concello só con dúas horas de antelación para a presentación do proxecto “coa única finalidade de que non asistiremos. Por desgraza, estamos acostumbrados a estas faltas de respecto institucionais aos veciños de Viveiro por parte do señor Balseiro”.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



