Compostela 5-2-19. Na constitución da Mesa de Residuos, participou este martes o alcalde de Cervo e vicepresidente Primeiro da Fegamp, Alfonso Villares, xunto coa Directora Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira, que tivo lugar na sede da Confederación de Empresarios de Galicia, en Santiago de Compostela.
Villares recordou que a iniciativa parte da Consellería de Medio Ambiente, e a este respecto desde o o municipalismo temos moito que dicir; “xa que somos os Concellos os que temos que aplicar as medidas necesarias para cumprir co reto que nos marca a nova Directiva europea de residuos; polo que é fundamental sentar as bases de traballo a desenvolver nos vindeiros anos co obxectivo de minimizar o consumo dos recursos do planeta, pensando, sobre todo, nas xeracións futuras, pero tamén nesas sancións que poden repercutir na nosa economía se non damos cumprimento ás obrigas que nos marca Europa”.