Ribadeo, 5 de febreiro de 2019. O alcalde, Fernando Suárez, solicítalle á Xunta que conceda canto antes o PIA para a nova residencia de maiores. O rexedor denuncia que Ribadeo leva máis de mes e medio agardando por este permiso e di que “este silencio xa cheira”.
Suárez Barcia manifestou que “este silencio de vai máis de mes e medio que enviamos desde o Concello de Ribadeo toda a documentación á Xunta de Galicia para solicitar o PIA, o permiso de inicio de actividade. Toda a documentación, con todos os certificados, con todos os acordos, con todo, administrativamente de maneira impecable como penso que ningunha outra administración pode ter enviada esta documentación á Xunta”.
O rexedor sinalou: “entendemos que mes e medio despois, vulnerando totalmente os prazos que a lei establece para que se emitan informes, para que se evacúen informes, etc…, temos silencio. Hai uns días comuniqueime persoalmente cunha subdirectora e, un tanto nerviosa, dixo que si, que os estaban estudando e que nos contestarían”.
Para o alcalde ribadense “o tema é que vai máis de mes e medio aló, e eu quero dicir xa, non no nome do goberno senón que me atrevo a dicir no nome de toda a Corporación de Ribadeo que o que está pasando aquí coa Xunta de Galicia é algo para estar abraiados. Non debe supoñer tanto problema a petición de informes porque, segundo a lei, hainos que evacuar no prazo de dez días, polo tanto este informe que a Xunta está esperando dos seus servizos xurídicos deberá estar feito cinco veces. Tampouco é tanta novidade o método de xestión que nosoutros queremos aplicar, que é unha xestión baseada na cooperación no que a propia lei 27/2013, impulsada polo goberno de Rajoy no seu momento, busca para que as administracións primemos a coordinación, a eficiencia e a eficacia, e primemos que estas Deputacións poidan, dunha maneira activa, impulsar todas aquelas accións entre Concellos de menos de 20.000 habitantes, como é o caso”.
Suárez Barcia pregúntase “que é o que ocorre, pois que podemos empezar a pensar mal a Corporación Municipal de Ribadeo de que esta demora non teña nada que ver coa cercanía do proceso electoral, que dalgunha maneira isto hai que paralo sexa como sexa e dalgunha maneira a Xunta está buscando o imposible para poñernos problemas outra vez, para poñer paus nas rodas, que é o que viñeron facendo durante estes anos coa residencia. Primeiro non deron un can para construíla e agora como temos acreditado a posibilidade de levalo adiante entre a Deputación e o Concello, e de feito nestes días a Deputación está en proceso de selección da mellor empresa que poida levar a xestión xunto coa propia Deputación, dalgunha maneira a Xunta quizais está intentando buscar algún recoveco para poñer problemas”.
O alcalde engadiu: “polo seu ben, e pola opinión pública de que todo o mundo está mirando en Ribadeo a actitude da Xunta para que dunha vez por todas dean o permiso de inicio de actividade, porque creo que non tiveron tantos miramentos para dar en outros Concellos, aos que con tres papeluchos deron o PIA, e aquí pouco menos que coa enciclopedia británica, nos están poñendo problemas polo menos con este silencio que xa cheira”.
























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



