Burela a 25 de febreiro de 2019. CIG Saúde valora como un paso adiante, pero insuficiente, a contratación desde este luns de dous novos fisioterapeutas no Hospital para abordar a crítica situación que vive a fisioterapia e rehabilitación na comarca, xa de por se deficitaria, e que se veu agravada pola ruptura do convenio do SERGAS coa privada.
Para o sindicato nacionalista a EOXI de Lugo-Cervo-Monforte non ten un plan integral para abordar a grave situación e dedícase a poñer parches para tentar paliar a problemática e acalar a crítica social.
SITUACIÓN CRITICA DE FISIOTERAPIA E REHABILITACIÓN.
O sindicato nacionalista fixo denuncia pública a primeiros de febreiro da situación de absoluto deterioro na que se atopa o servizo de Rehabilitación e Fisioterapia, deficitario xa de por si, e con longas listas de agarda ao que hai que sumar que desde o 31 de xaneiro o Sergas rompeu o concerto para a prestación de servizos de rehabilitación con clínicas privadas na Mariña.
PLAN DE MELLORA DE REHABILITACIÓN E FISIOTERAPIA.
Dende CIG Saúde A Mariña insisten ao SERGAS na necesidade dun plan urxente e integral de mellora da Rehabilitación e Fisioterapia na comarca que contemple os seguintes puntos:
1-. Dotar ao Hospital da Mariña de dous médicos rehabilitadores (un na actualidade) para atender a máis de 70.000 habitantes.
2-. Dotar ao Hospital da Mariña de tres diplomados en fisioterapia en quenda de mañá e tarde (demanda atendida polo SERGAS dende este luns 25 de febreiro).
2-. Dotar de persoal diplomado en fisioterapia para abrir en quenda de tarde os ximnasios dos Centros de Saúde de Viveiro e Ribadeo, e non só de mañá.
3-. O ximnasio do Centro de Saúde de Foz deberá dotarse con dúas fisioterapeutas en quenda de mañá e outras dúas en quenda de tarde e habilitar o de Mondoñedo tanto na mañá como na tarde, actualmente pechado e sen material, sendo os pacientes de Mondoñedo e Lourenzá derivados a Foz en quenda de tarde.
Deste xeito o Centro de Saúde de Foz quedaría con dous fisioterapeutas de mañá e de tarde para atender aos pacientes de Foz, e Mondoñedo quedaría cun fisioterapeuta de mañá e outro de tarde para atender os pacientes de Mondoñedo e Lourenzá.
4-. Crear o servizo de fisioterapia no Centro de Saúde de Burela, inexistente a día de hoxe. Esta carencia coloca nunha situación de desigualdade aos pacientes de Burela respecto a outros Concellos ,xa que os médicos de familia de Burela non poden prescribir rehabilitación, nos casos que establecen os protocolos SERGAS, coma nos outros Centros de Saúde. Este feito provoca a saturación do servizo de rehabilitación do Hospital da Mariña xa que é o centro de referencia para as veciñas e veciños de Burela.
O sindicato nacionalista reclama mais unha vez a posta en marcha dun Plan Urxente e Integral para abordar o abandono da rehabilitación e fisioterapia e erradicar as listas de espera, un plan que contemple a utilización racional dos recursos do sistema público e abandone as actuais políticas privatizadoras e de destrución da sanidade pública na Mariña, e que dote de persoal e medios materiais o Hospital da Mariña e os Centros de Saúde.
“Deste modo obteriamos un dobre obxectivo: crear emprego de calidade na comarca e prestar un servizo de rehabilitación e fisioterapia 100% público e de calidade”, conclúen.






















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



