Ribadeo, 25 de febreiro de 2019. O CIFP Porta da Auga, de Ribadeo, acolleu hoxe unha xornada de primeiros auxilios e actuación en accidentes de tráfico na que participaron os bombeiros do parque de Barreiros. As actividades consistiron nun simulacro de excarcelación e evacuación de feridos. Esta iniciativa repetirase o vindeiro xoves para outros alumnos e alumnas do centro.
O director do CIFP Porta da Auga, Isidro Berdeal, explicou que “esta actividade é unha colaboración a dúas bandas: nosoutros beneficiándonos da actuación dos bombeiros nunha práctica de excarcelación e inmobilización de ocupantes de vehículos supostamente accidentados, e os bombeiros facendo esas prácticas sobre vehículos que están completos e con alumnos voluntarios que fixeron a función de supostos ocupantes deses vehículos accidentados”.
Isidro Berdeal engadiu que “os que están participando hoxe na actividade son alumnos de atención a persoas en situación de dependencia porque lle facemos coincidir o módulo de primeiros auxilios que teñen con esta actividade, para complementar un pouquiño máis se cabe o que xa se forman nas nosas aulas. Tamén está o alumnado de educación infantil que ten un módulo relacionado con primeiros auxilios. Despois, xa que os vehículos formaban parte do parque de mantemento de vehículos, hai parte do alumnado tamén de automoción, pero que non participa activamente na excarcelación nin nas actividades que se están facendo, simplemente están vendo como se realizan esas excarcelacións e esas manipulacións dos vehículos”.
O director do CIFP Porta de Auga sinalou tamén que “son 15 alumnos os que están participando activamente e mirando como se realizan as actividades outros 15 aproximadamente”.
Isidro Berdeal anunciou que “se vai repetir o vindeiro xoves, pero con outro grupo de alumnos xa que agora mesmo hai unha representación do ciclo de atención a persoas en situación de dependencia e outra representación do ciclo de educación infantil. Os que hoxe están en clase, seguindo as actividades normais, serán os que a realizarán o xoves, e os que están hoxe na actividade estarán en clase o xoves”.






















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



