Lugo, 16 de febreiro de 2019. Esgotados en tempo récord os abonos para o Resurrection Fest, o festival de música metal e rock máis importante de España, e que contou co apoio de Deputación de Lugo e Concello de Viveiro dende a 1ª edición. Grazas ao acordo de colaboración entre o Concello e a organización, os viveirenses poderán participar neste macro evento á metade de prezo, xa que contan co 50% de desconto nas entradas. Nos vindeiro días poranse á venda as entradas de día para a que é a edición número 14. Máis información en www.resurrectionfest.es.
Cómpre lembrar que o Goberno Provincial converte á Deputación na institución que máis colabora co Resurrection Fest cunha achega de 130.000 euros. Pola súa parte, o Concello de Viveiro cede os terreos para a organización do festival e pon a disposición dos usuarios o cámping gratuíto en Covas (con servizos de baños, duchas e buses) e o Mirador de San Roque (que tamén conta cunha gran zona de aparcamento). Pola súa banda, o ano pasado, a Xunta de Galicia achegou, a través de AGADIC, 50.000 euros logo de que o Resu participara nun proceso de concorrencia competitiva. É dicir, a achega provincial case triplica a do Goberno Galego, que ten as competencias directas e un orzamento 100 veces maior.
Retorno económico logo da inversión pública
Un estudo da Universidade de Santiago de Compostela corroborou o acerto de Deputación de Lugo e Concello de Viveiro co seu apoio ao Resurrection Fest dende a súa primeira edición e durante os últimos trece anos, sendo sempre as únicas administracións galegas que o fixeron e as principais colaboradoras e patrocinadoras públicas. O estudo mantén que o festival xerou no 2018 un impacto económico superior aos 8,5 millóns de euros, dos que 6,6 reverteron directamente na Mariña. Mantendo sempre que colaborar con Resu era unha oportunidade económica para a provincia e de xeito especial para a Comarca mariñá.
81.000 asistentes de 42 países e 2.000 empregos
Máis de 81.000 persoas de 42 países abarrotaron o ano pasado o Concello de Viveiro co Resurrection Fest, xerando uns 2.000 empregos directos e indirectos, e sen ocasionar ningún tipo de incidente durante os catro días que durou a cita, o que converteu á pasada edición en todo un éxito. O Festival é un importante retorno económico para o Concello de Viveiro, que esgotou tanto as 2.000 prazas hoteleiras como as 12.000 de cámping municipal; para a Comarca da Mariña, pois moitas das localidades limítrofes recibiron visitantes; así como para o conxunto do territorio lucense.
Inicios do Festival
Os inicios deste festival, 100% viveirense, e que agora é un dos máis grandes do estado, foron difíciles e complexos. Parte do éxito do Resurrection Fest recae sobre Melchor Roel, que foi o pioneiro que soubo ver a grande proxección do Resu, que outros non quixeron apoiar nos primeiros momentos, que son sempre os máis complicados. En cambio, a Deputación que o Concello de Viveiro, sumáronse a iniciativa destes veciños para poder levar a cabo este grande festival, que é todo un referente internacional.























No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



