Ribadeo, 17 de febreiro de 2019.- O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, pediu onte desde Ribadeo que Galicia non esqueza a xenerosidade e amor pola terra que durante décadas amosaron os emigrantes galegos desde os seus países de destino, e que materializaron en achegas económicas e sociais que, nalgúns casos, foron fundamentais para a comunidade galega.
O responsable autonómico fixo este chamamento durante a celebración do acto O Círculo Habanero coa Emigración, organizado polo Círculo Habanero da Devesa e celebrado na histórica e emblemática sede que a agrupación posúe no concello costeiro da Mariña Lucense. “Foron escolas, pero tamén foron centros de formación e casas de cultura. Foron doazóns económicas, pero tamén foi un interese constante polos seus e pola súa terra, un amor incondicional de milleiros de emigrantes que, desde milleiros quilómetros de distancia, enviaban ás veces e entregaban en persoa noutras ocasións. Sempre sen agardar nada a cambio, só pola satisfacción de saber que a aldea, concello ou provincia que os viu nacer melloraban cada día un pouquiño máis”, lembrou Miranda.
O secretario xeral da Emigración salientou, así mesmo, que os emigrantes galegos “seguen a enriquecer aínda hoxe á comunidade autónoma a través, entre outras cousas, do retorno. A experiencia, o coñecemento, a renovación demográfica e a súa capacidade emprendedora supón unha ferramenta fundamental coa que conta Galicia para superar o reto demográfico que afronta o país”, engadiu.
Habaneras e poemas musicados
O evento contou, así mesmo, coa actuación da Coral Polifónica de Ribadeo, que aproveitou a ocasión para presentar no Círculo Habanero da Devesa o seu cedé Legado indiano, publicado o pasado mes de xullo. Trátase do segundo disco da coral ribadense, decana da provincia, tras Nos mares da música, que veu a luz en 2002. O disco recolle, entre outros estilos, habaneras de autores da propia vila e poemas de El Viejo Pancho convertidos en milongas, todas elas inéditas ata o momento.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



