Lugo 2-1-19. O dispositivo invernal da Deputación, que inclúe 112 operarios e 64 máquinas, está traballando a pleno rendemento para facer fronte as incidencias nas estradas provinciais trala chegada do temporal Helena, que deixou acumulacións de neve e xeo, durante esta madrugada en 22 Concellos da provincia. Esta situación meteorolóxica adversa fixo necesaria a intervención do dispositivo que esta a actuar, sobre todo nas vías de Alta Montaña, para restablecer a circulación e manter a seguridade.
Concretamente os Concellos máis afectados son os de Cervantes, Pedrafita do Cebreiro e Folgoso do Courel. Tamén hai dificultades na maior parte das estradas da Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Ribeira Piquín, Quiroga, Ribas de Sil, Triacastela, Becerreá, As Nogais, O Incio, Samos e Baleira. Ademais, nestes intres é necesario transitar con moita precaución en Taboada, Chantada, Carballedo, Baralla, O Corgo, Ourol e Muras.
Desde os servizos de emerxencia alertan de que os efectos do temporal van a continuar nas vindeiras horas, e espérase que a cota de neve caia aos 300 metros, con rachas de vento que superen os 100 km/h. Recoméndase circular con precaución por todas as vías da provincia, levar cadeas e reducir ao mínimo os desprazamentos.





















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



