A Mariña, 2-2-19. No pleno celebrado onte en Alfoz, a moción que ven presentando a Plataforma Sanitaria en defensa dun servizo de pediatría de calidade foi aprobada por unanimidade. A moción figuraba na orde do día e a alcaldía solicitou que fora unha integrante do colectivo sanitario quen a defendera, aludindo a que, ao ser este un colectivo no que se integran diversas sensibilidades, tecido asociativo, axentes sociais e grupos políticos, son quen máis capacitad@s están para a súa defensa.
A representante da Plataforma encargada da súa defensa relatou que ainda que viñamos de saber que fora substituída a baixa da profesional que atende as crianzas de Mondoñedo, Lourenzá e Barreiros, a moción seguía a ter plena vixencia pois esto só se trata dun parche para calmar a intensa contestación social que espertou este grave problema sanitario. “Foron as nais e pais destas localidades quen conseguiron que o SERGAS e a Xerencia de Lugo recapacitase e cubrise esta baixa, xa que a gran mobilización que xurdiu comezaba a exercer un efecto contaxioso sobre o resto de localidades”- explica Montse Porteiro, coordinadora da Plataforma.
Desde o colectivo sanitario queremos agradecer a toda a corporación municipal o solidario xesto que tiveron, e sobre todo dar os nosos parabéns ao Partido Popular porque sabemos “que non foi nada doado para el@s emitir o seu voto favorable e actúar en contra da liña que ven mantendo este grupo político, totalmente contrario ás reivindicacións da Plataforma Sanitaria e d@s veciñ@s da Mariña” – conclúen desde o colectivo.