Lugo, 12 de marzo de 2019. O Presidente, Darío Campos Conde, asinou este martes un protocolo de colaboración co Consello de Contas para a prevención da corrupción no ámbito do sector público local. Fíxoo nun acto no que tamén participaron representantes das outras 3 Deputacións Galegas: o Presidente da Deputación de A Coruña, Valentín González Formoso; o Vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Luís Fernández Fernández, e o Deputado de Economía, Facenda e Réxime Interior e Cooperación Municipal da Deputación de Pontevedra, Carlos López Font.
Trátase dun documento co que ditas administracións buscan seguir traballando en materia de prevención de corrupción a través da promoción de instrumentos de colaboración cos órganos da Administración autonómica con competencias en materia de transparencia, co obxecto de promover mecanismos de autorregulación na implantación, control e seguimento dos plans de prevención de riscos da corrupción no sector público autonómico e local de Galicia.
Deste xeito, as catro Deputacións impulsarán máis políticas de integridade e de prevención da corrupción como elementos estratéxicos para unha xestión pública responsable das corporacións locais galegas, para dar resposta á crecente preocupación social pola corrupción e co convencemento de que a transparencia na xestión é unha necesidade para reforzar a eficiencia das Administracións.
O protocolo ten por obxecto a colaboración das institucións nos seguintes ámbitos de actuación:
1. Promoción de políticas de integridade. As institucións asinantes comprométense a colaborar na propagación dunha cultura da transparencia e comportamento ético nos sectores público e privado así como na difusión de conceptos esenciais en materia de control interno, administración de riscos e fomento da integridade institucional.
2. Fomento de instrumentos de prevención de riscos de corrupción. As institucións asinantes fomentarán que tódalas entidades que integran o sector público local establezan políticas de prevención de riscos de corrupción e conten cun plan estratéxico que oriente os esforzos das entidades cara a consecución dos seus obxectivos de xestión e ao cumprimento normativo, así como cun plan de prevención da corrupción que permita a identificación e valoración dos riscos asociados aos obxectivos anteriores, e o establecemento de medidas correctivas para o seu tratamento.
3. Avaliación dos sistemas de prevención. O Consello de Contas elaborará un diagnóstico do estado e situación dos sistemas de control interno e de prevención de riscos de corrupción das Deputacións provinciais que prestarán a súa colaboración achegando tódolos medios e a información necesaria que requira a execución deste traballo.
4. Elaboración de modelos tipo de plans de prevención. O Consello de Contas elaborará modelos tipo de plans de prevención, que estarán a disposición das entidades locais, e desenvolverá actuacións de acompañamento na implantación dos plans de prevención de riscos da corrupción.
5. Formación dos empregados públicos en materia de prevención da corrupción. As entidades asinantes establecerán unha canle de información mutua neste ámbito e, se é o caso, organizarán conxuntamente actividades formativas que permitan aos servidores públicos a adquisición de coñecementos nos ámbitos da ética, a integridade pública e o control da corrupción.
























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



