Lugo
5, marzo, 2019.- O coñecido empresario a nivel provincial, José Bouso, encabezará a lista do PP na Pastoriza; un reto que afronta, asegura, “convencido, con humildade e con moito traballo para recuperar a alcaldía”. Deste xeito, e logo de acadar o apoio unánime da agrupación local nunha reunión mantida onte, o alcaldable afronta unha profunda renovación, liderando “un novo proxecto co que acadar a maioría absoluta”.
“Preséntome ás eleccións para facer un bo equipo e facer equipo. Son dos que me gusta gañar partidos como cando dirixía o Lugo, e este partido témolo que gañar”, destaca con optimismo e coa filosofía deportiva que caracteriza aos que están e estiveron vinculados coa deporte.
A presidenta do Partido Popular na provincia, Elena Candia, non oculta a súa satisfacción pola designación do candidato. “Que Bouso sexa cabeza de lista é, sen lugar a dúbidas, un valor engadido ao traballo do PP neste municipio”. Neste senso, destaca que “a súa capacidade de xestión e o forte vínculo que mantén coa nosa formación dende hai moitos anos, fano merecedor da nosa confianza e do noso respecto neste novo reto que lidera”.
Os populares levan moito tempo traballando para buscar os mellores candidatos para os concellos da provincia, no marco do do seu obxectivo de crear un proxecto de provincia que realmente atenda ás necesidades dos veciños. “Son moitas as reunións que estamos mantendo dende hai meses. O noso fin é buscar os mellores cabezas de lista para conseguir gobernos estables. Cremos que Pastoriza precisa xusto isto, un goberno estable, encabezado por un dirixente con experiencia en xestión. José Bouso reúne estas condicións e sabemos que vai traballar a reo para devolver a alcaldía ao Partido Popular”, suliña Candia.
Gran recoñecemento social
José Bouso naceu en Bretoña. É un recoñecido e prestixioso empresario lugués do sector da construción. Ademais de pola súa profesión, é coñecido na socidade provincial por ser o vixésimo segundo presidente do Clube Deportivo Lugo; cargo que exerceu dende o ano 2004 ata o 2015, sendo substituído por Tino Saqués.
Agora dá un paso máis, encabezando o proxecto dos populares na Pastoriza e agardando facer do Concello e da xestión local unha administración útil e próxima aos veciños. “Os que me coñecen saben que me gusta estar, escoitar e falar coa xente. Iso é que aplico no meu día a día e iso é o que pretendo levar ao Concello”, conclúe.






















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



