Lugo, 5 de marzo de 2019. O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, mantivo un encontro con deportistas do Club de Baloncesto Burela para avanzar nas colaboracións entre o Executivo Provincial e a entidade deportiva mariñá. No acto tamén participaron o Alcalde de Burela, Alfredo Llano García, o Concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, e os membros da directiva do club, Manolo Cobas e Abel Fanego. O Goberno da Deputación achega ao CB Burela un total de 6.000 euros, a través dun convenio de colaboración, que serven de axuda para sufragar os gastos federativos e de temporada.
Rivera Capón explicou que “o CB Burela leva 15 anos facendo un gran traballo polo deporte base na Comarca da Mariña, conta con 11 equipos, con 120 fichas, das que preto da metade son femininas, unha clara aposta polo deporte como medio para acadar a igualdade que desde o Goberno da Deputación compartimos”.
O Club conta con equipos nas categorías de babybasket, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e júnior; dos 11 equipos 10 participan na liga provincial Federada, e ademais o equipo infantil masculino compite na Liga Galega.
“A pesar das dificultades, o CB Burela, é un dos clubs de referencia no baloncesto da Mariña e da provincia, logrando manter o número de fichas, ou incluso incrementalas, espallando o deporte e apoiando que os máis novos se formen en valores deportivos e desfruten dos beneficios sociais e para a saúde que a súa práctica implica” destacou o Deputado.























Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
