Ribadeo, 20 de marzo de 2019. Por el mismo patrón, de Alberto González foi a foto elixida polo xurado como a mellor presentada ao IX Concurso do Día do Pai, que convocou Acisa a través de facebook. Obtivo un total de 39 puntos de valoración. O afortunado recibirá 150 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados. E Máis de tres xeracións nunha soa imaxe, de Paula Rubiera foi para o xurado a segunda mellor imaxe. Recibiu 30 puntos e levará 100 euros en vales de compra como agasallo.
Desde Acisa lembran que “estas dúas fotografías foron votadas polo xurado entre as 10 que recibiron máis me gustas no facebook. A decisión foi complicada, xa que entre a primeira e a quinta houbo só 8 votos de diferenza, proba da calidade das fotos”. A resolución do xurado, formado por membros da directiva de Acisa e por fotógrafos profesionais asociados como El Farero Audiovisuales e Foto Miguel, así como as votacións na app habilitada para a ocasión, poden ser consultadas en Acisa por calquera participante”.
E 359 votos en facebook obtivo a foto Descansando con papá, de Tatiana Pérez. O público decidiu así que esta é a mellor foto presentada ao Concurso do Día do Pai de Acisa. A afortunada recibirá 150 euros en vales de compra.
Os gañadores disporán de dous meses para gastar os seus premios nos establecementos asociados a Acisa. As tres imaxes estarán expostas en Foto Miguel ao longo dos vindeiros días.
Neste IX Concurso Fotográfico Día do Pai participaron 55 persoas, superándose así o récord do ano pasado e contabilizáronse máis de 3.700 votos. Desde Acisa subliñan que “arredor de 14.000 persoas viron ou interactuaron coa publicación do concurso, o que nos indica que viron todo o publicado polos nosos asociados ao longo deses días, do 6 ao 19 de marzo, reforzando así a importancia das nosas redes sociais como escaparate para os nosos socios”.




















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



