Lugo, 29 de marzo de 2019.- O delegado territorial, José Manuel Balseiro, destacou a declaración por parte do Consello da Xunta de catro festas de interese turístico das cales tres son de Lugo. “Sempre é unha estupenda noticia que a provincia sume novas citas con esta distinción e, polo tanto, que ganen maior notoriedade”, afirmou.
Trátase da Semana Santa de Lugo, a Romaría das Cruces en Ribadeo e a Feira do Poldro e Gando de Monte de Muras -o cuarto recoñecemento foi para o San Brais de Bembrive, en Vigo-. “Vese recompensado o esforzo de moitas persoas, de moitos veciños que traballan na organización destas citas que teñen máis que acreditado o seu valor cultural, arraigo e singularidade”, engadiu Balseiro.
Con estes novos recoñecementos, aprobados no Consello da Xunta, despois da valoración favorable por parte do Consello Galego de Turismo que tivo lugar o pasado mes de decembro, a provincia conta xa con 38 citas declaradas de interese turístico galego, algunhas das cales son ademais de interese nacional ou mesmo internacional (caso da Semana Santa de Viveiro).
A aprobación ten lugar, precisamente, cando se está a tramitar a orde de axudas para este tipo de celebracións, que este ano duplicará a súa partida ata superar os 600.000 euros. Así, as festas poderán obter unha axuda por parte do Goberno autonómico de ata 6.000 euros, o dobre que antes.
Isto é posible grazas á colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, que asinaron un acordo no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Neste sentido, as axudas irán destinadas, por unha banda, ao apoio, promoción e difusión dos eventos e, por outra, ao impulso da campaña Agresión off, eu digo non á violencia sexual de información e sensibilización para combater actitudes machistas nos festexos.
Ademais, a Consellería de Cultura e Turismo conta cun convenio coa entidade financeira Abanca, polo que cada celebración pode acceder a unha axuda adicional de 1.500 euros.






















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



