Compostela 16-3-19. A rede a prol do bosque galego, Cousa de Raíces, propón celebrar o Día Mundial dos Bosques cunha “Deseucaliptización Simultánea” por toda Galiza. Esta plataforma, conformada por máis de 60 entidades, convida a centros educativos, colectivos, asociacións, plataformas e particulares a promover iniciativas de eliminación de eucaliptos e doutras plantas invasoras dos montes galegos durante a vindeira semana, con motivo do Día Internacional dos Bosques. Todas aquelas persoas ou entidades que teñan previsto realizar unha actividade de deseucaliptización ou eliminación de eucaliptos en calquera punto do país, poderán sumarse a esta iniciativa, enviando os datos que se requiren a continuación, antes do mércores, 20 de marzo.
O vindeiro xoves, 21 de marzo, é o Día Mundial Forestal ou dos Bosques, declarado así pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas para homenaxear a importancia de todos os tipos de bosque e intentar xerar conciencia aos respecto, no plano individual e colectivo, instando tamén ás administracións públicas a promover iniciativas que favorezan, protexan e respalden os bosques. Estes achegan á sociedade múltiples beneficios: mitigan o cambio climático, reteñen carbono, favorecen a provisión de auga, xean biodiversidade e paisaxe, son fundamentais para a conservación da natureza, ofrecen oportunidades para o desenvolvemento económico e son fundamentais para a vida.
O lema escollido este ano polas Nacións Unidas para celebrar o Día Mundial Forestal é “Aprende a amar o bosque”, mais consideramos que o primeiro será distinguir o que é un bosque do que non o é. Mentres que un “bosque” é un ecosistema natural complexo, dominado por especies arbóreas e a súa vexetación acompañante, no que habitan animais, fungos e microorganismos entre os que se establecen interrelacións perdurables no tempo; unha “plantación forestal” é un conxunto de árbores normalmente uniformes que se plantan unicamente polo seu interese comercial, e que adoita estar formado por especies alóctonas que non establecen interrelacións perdurables coas especies autóctonas. As plantacións de especies alóctonas (nomeadamente, as invasoras e dominantes) causan un forte impacto negativo sobre as especies forestais propias, o solo, os cauces fluviais, a biodiversidade e contribúen a favorecer os incendios forestais. É caso das superficies ocupadas co xénero Eucalytus, que a día de hoxe xa supera as 500.000 hectáreas, o que representa o 17% do total da superficie galega.
PARTICIPA NA DESEUCALIPTIZACIÓN SIMULTÁNEA DE GALIZA
A rede Cousa de Raíces convida a centros educativos, colectivos, asociacións, plataformas e particulares a celebrar o vindeiro Día Mundial dos Bosques promovendo nas súas áreas de influencia iniciativas de eliminación de eucaliptos e doutras plantas invasoras. Para favorecer o carácter simultáneo das accións, proponse que estas se leven a cabo no día propio da efeméride, o 21 de marzo, ou na fin de semana do 23 e 24 de marzo.
Todas aquelas persoas ou entidades que queiran promover a súa actividade de eliminación de eucaliptos ou doutras plantas invasoras a través da proposta de “Deseucaliptización Simultánea” de Cousa de Raíces, poderán facelo, enviando ao email de Cousa de Raíces (cousaderaices@adega.gal), antes do luns, 18 de marzo.























Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



