Xove, a 15 de marzo de 2.019. O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, puxo en marcha a finais de xaneiro deste ano unha nova edición do Concurso de caretas. Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.
Segundo idade, houbo cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios que consistiron en material escolar.
Cada concursante puido presentar un ou máis traballos a este Concurso que buscaba potenciar a participación e a creatividade dos rapaces.
Os premiados/as nesta edición 2019, foron:
1º.- Conceder os seguintes premios na Categoría Preescolar (3, 4 e 5 anos):
1º Premio: (REX. Nº 10) DAVID BURGOS PELOCHE.
2º Premio: (REX. Nº 30) HUGO PITA RODRÍGUEZ.
3º Premio: (REX. Nº 18) EVA CANCELA TRASTOY.
2º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 1º e 2º de Primaria:
1º Premio: (REX. Nº 35) AROA PITA RODRÍGUEZ.
2º Premio: (REX. Nº 9) PAULA SÁNCHEZ PERNAS.
3º Premio: (REX. Nº 5) DANIELA CASABELLA ÁLVAREZ.
3º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 3º e 4º de Primaria:
1º Premio: (REX. Nº 12) UXÍA GRADAILLE DURÁN.
2º Premio: (REX. Nº 2) NABILA ADOUROU.
3º Premio: (REX. Nº 1) CHRISTIAN VILLARQUIDE LATAS.
4º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 5º e 6º de Primaria:
1º Premio: (REX. Nº 39) ENMA BUJÁN ROUCO.
2º Premio: (REX. Nº 23) ALICIA FERNÁNDEZ VICENTE.
3º Premio: (REX. Nº 38) CORA BUJÁN ROUCO.
5º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 1º a 4 º de ESO:
1º Premio: (REX. Nº 13) IKER COSTA GONZÁLEZ.
2º Premio: (REX. Nº 14) SOUKAINA ADOUROU.
3º Premio: (REX. Nº 21) EMILIA BARRO ÁLVAREZ.
Todos os traballos, premiados e non premiados, estiveron expostos durante un mes na Biblioteca Municipal de Xove.






















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



