Burela 9-3-19. O Pescados Rubén Burela FS non se deixou sorprender na complicadísima pista do Manzanares FS Quesos El Hidalgo (3-5). Os pupilos de Juanma Marrube tiveron que facer fronte a un partido duro e esixente no que os locais saíron mellor, pero a boa reacción dos galegos outorgoulles táboas en dúas ocasións e así puideron conseguir ir medrando na segunda parte.
Manzanares saltou á pista coas ideas máis claras. No minuto 4, Pepe aproveitou unha recuperación para subir o 1-0. Con todo, co paso dos minutos, o Pescados Rubén puido atoparse mellor e o gol de Pope, no 12, tivo moito que ver. Tras o tempo do descanso, repetiuse o guión inicial aínda que os mariñáns non se permitiron deixar pasar tanto tempo; no 23 Nacho Gil puxo o 2-1, de estratexia, ao que respondeu Renato segundos despois, tras saque de banda. Cunha cita máis equilibrada, os laranxas gañaron en soltura, dinamismo e sobre todo ocasións. Juanfran, no 33, anotou no rexeite de córner, e Joseltio, no 35, ao segundo pau. Na recta final, tocoulles tirar de coraxe aos de Juanma Marrube fronte ao xogo de cinco local; Nacho Gil acurtou no último minuto pero case sobre a bucina aí estaba Hélder para recuperar e marcar o definitivo 3-5 a porta baleira.
Ficha técnica
Manzanares FS: Dani Juárez, Kiki, Manu Diz, Nacho Gil, Pablo Mel, cinco inicial; tamén xogaron Chin, Jorge Salcedo, Otero, Pepe, Hicham, Blecua
Pescados Rubén Burela FS: Edu, Loito, Renato, R. Vargas, Hélder, cinco inicial; tamén xogaron Juanfran, Pope, Joselito, Luisma, Matamoros
Goles: 1-0, minuto 4, Pepe, 1-1, minuto 12, Pope; 2-1, minuto 23, Nacho Gil; 2-2, minuto 23, Renato; 2-3, minuto 33, Juanfran; 2-4, minuto 35, Joselito; 3-4, minuto 40, Nacho Gil; 3-5, minuto 40, Hélder
Árbitros: Hidalgo Marín // Martínez Martínez. Por Manzanares amarela a Pepote (minuto 16), Kiki (minuto 16) Chin (minuto 36), Jorge Salcedo (minuto 36). Por Burela amarela a Renato (minuto 30)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 23 de Segunda LNFS disputado no municipal de Manzanares.



























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
