Viveiro, 30 de marzo de 2019.- A Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, destacou este sábado que “grazas as xestións feitas polo equipo de goberno desbloqueamos o proxecto de saneamento da ría de Viveiro e temos o compromiso de Augas de Galicia de que se vai a licitar neste 2019. Agardamos que sexa verdade e non unha mentira máis por parte do PP. Os veciños de Viveiro levamos case 10 anos escoitando promesas incumpridas por parte da Xunta de Galicia asegurando que van a iniciar os traballos para solucionar o problema dos vertidos pero nunca fixo nada”.
Loureiro García destacou que “para o Concello sempre foi unha prioridade o saneamento da ría e por iso levamos moito tempo traballando. Dende o goberno fixemos todas as xestións necesarias para que o proxecto saíra a diante. Mantivemos reunións en Madrid con Costas e en Santiago con Augas de Galicia para que chegasen a un acordo e se iniciaran xa os traballos. Hai 5 meses, acadamos o compromiso da Directora de Augas de Galicia de que no 2019 comezarían as obras. Xa pasaron 3 meses e non temos ningunha noticia máis ao respecto. Agardamos que desta vez cumpran e non deixen na estacada aos viveirenses”.
A Alcaldesa de Viveiro detallou que as actuacións previstas son dotar a Celeiro dunha estación de bombeo, un depósito de retención e pretratamento, a optimización da depuradora e a instalación dun emisario submarino de 858 metros.
Case 10 anos de promesas incumpridas da Xunta
A Alcaldesa de Viveiro advertiu de que “non sería a primeira vez que a Xunta de Galicia di que vai acometer os traballos de saneamento e logo non o fai. Xa o fixo no 2010, cando a Unión Europea esixiu o saneamento da ría de Viveiro e o executivo galego anunciou que estarían executados os traballos en 2015, cun investimento de 5 millóns de euros. No 2016, un ano despois da data prometida, dende o Concello de Viveiro asinamos o convenio con Augas de Galicia, cunha rebaixa na inversión inicial de 2 millóns, quedando só 3 para a totalidade das obras. Nese momento a Xunta de Galicia asegurounos que estaría para o 2019, un prazo que dende o Concello agardamos que se cumpra”.
Olano non fixo nada para avanzar nun proxecto capital para Viveiro e a Mariña
María Loureiro lamentou que “o señor Olano, durante todos estes anos de Deputado no Congreso e de Concelleiro en Viveiro, non fixo ningunha xestión para avanzar no proxecto de saneamento da ría, capital para o noso municipio e para toda a Mariña. É curioso que agora veña a Viveiro criticando a xestión do goberno municipal cando el non tivo nin a decencia de pedirlle aos seus compañeiros de partido que axilizaran o proceso e atenderan unha débeda histórica cos nosos veciños”.




















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



