Ribadeo, 8 de marzo de 2019.- Os socialistas esixen á Xunta de Galicia que aclare en que situación está a cesión do Concello de Ribadeo das Torre dos Moreno. Fixérono a través dunhas iniciativas presentadas no Parlamento autonómico para coñecer de primeira man en que estado está a petición do Consistorio de permutar a porcentaxe da propiedade que actualmente posúe deste inmoble declarado Ben de Interese Cultural (BIC) por un edificio rehabilitado que irá destinado a albergar o Xulgado de Paz.
Neste momento, a propiedade do edificio está repartida entre particulares cun 19%, a empresa Paisajes de Asturias cun 60% e o Concello de Ribadeo cun 21%. O actual estado de deterioro, ademais de supoñer un risco, con leva a necesaria inversión de máis de 5 millóns de euros para a súa rehabilitación, dos que 1,1 corresponderían ao propio Concello de Ribadeo.
O Pleno municipal, co apoio do PSOE de Ribadeo, acordou, hai máis de 6 meses, iniciar o procedemento para ceder a súa propiedade á empresa Paisajes de Asturias por outra para trasladar a ela o Xulgado de Paz. Os socialistas explicaron que a lei do patrimonio cultural establece o dereito de tanteo e retracto á Xunta de Galicia.
Iniciativas presentadas
Os socialistas de Ribadeo lamentan que dende o Concello de Ribadeo e dende a Xunta de Galicia non se estea informando á cidadanía sobre o futuro da Torre dos Moreno. Para o PSOE é fundamental preservar e rehabilitar a Torre dos Moreno, unha das construcións máis singulares da localidade. Por estes motivos, os socialistas rexistraron na cámara galega varias propostas esixindo ao PP na Xunta de Galicia que aclare se contestou ao Concello a petición do Pleno de RIbadeo e se ten a intención de exercer o dereito de tanteo.
























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



