Lugo, 29 de marzo de 2019.- O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, destacou este venres que “vimos como o PP saíu da corrupción institucional a través da primeira moción de censura ao Goberno do Estado que prospera en España para instalarse na miseria, na letrina da mentira constante e permanente e no populismo. E isto vémolos e comprobámolo coas residencias de Deputación e Concellos, coa sanidade pública, co servizo de Hemodinámica as 24 horas, co problema dos okupas, coa da falta se policías nacionais ou coa situación de Alcoa”.
“Mentir e facer populismo é o que fai o seu máximo líder, Pablo Casado, que alarma, incita e violenta á opinión pública con continuas mentiras. É o que seguen ao pé da letra os seus secuaces, os seus cans mordedores na provincia de Lugo. Coa señora Candia e uns cuantos deputados máis ao fronte, que permiten coa súa ocupación do Consello de Administración de Suplusa poñer cantas trabas sexan posibles para que os maiores da provincia de Lugo non conten cun servizo imprescindible e necesario, que se ofrecerá nunhas condicións de accesibilidade para todos, e que o fará a Deputación de Lugo porque a Xunta de Galicia ata agora o único que ten feito polas residencias foi poñer trabas. Candia mente outra vez é di que o PP non paraliza nada. Non, directamente claro que non pode. Pero pediulle á xustiza que o fixera, presentando recursos contenciosos, nos que reclaman medidas cautelares para paralizar xa as prestacións necesarias para abrir as residencias. Isto é frear a apertura dos centros señora Candia e iso fíxoo o PP, os 5 Conselleiros do Partido Popular en Suplusa”
Santos Ramos subliñou que “en política non vale todo. A mentira debería ser descartada da política e coa política os mentireiros. O PP e a señora Candia o único que fixeron cos seus votos foi aprobar que se poidan opoñer pola vía xudicial a calquera proceso para que poidan abrir as residencias da Deputación. Ademais de manter o bloqueo do PIA da Fonsagrada e haber dito sempre o que a eles lles interesou politicamente para dificultar a súa apertura”.
“O goberno da Deputación comprometeuse dende o primeiro momento coa construción dos centros e despois coa apertura. É constatable que non se ten perdido un minuto en facer os trámites para que todos os procedementos, que son numerosos, permitan abrir as residencias da terceira idade . O PP de Casado, Feijóo, Candia e Carballo están instalados no populismo e na mentira. Mentres, os socialistas estamos instalados no traballo de gobernar esta provincia e co compromiso de que pese as trabas dos mentireiros do PP imos a abrir as residencias da terceira idade”.
O PP privatizou Alcoa e obrigouna a ir a un sistema de poxa
O Secretario Provincial insistiu en “que minta o PP tampouco nos debe sorprender, pois levan toda a vida facéndoo na provincia de Lugo. Vemos agora o caso de Alcoa. No ano 1998 privatizada polo PP, perde a súa vinculación ao sector empresarial público e pasa a ser vítima das circunstancias do libre mercado. No ano 2013, desaparece a tarifa G4 e o Partido Popular obriga a Alcoa e a outras electrointensivas a ir a un sistema de poxas. O PP non recibía aos traballadores, non resolveron o problema e non desenvolveron un estatuto dos consumidores hiperelectrointensivos. E agora se presentan como os salvadores da situación actual que é a seguinte: a esperanza de que hai un estatuto sobre o que traballar para xerar estabilidade á industria e aos traballadores, e iso, cun goberno do Partido Socialista”.
Máis mentiras co servizo de Hemodinámica 24 horas
Santos Ramos lembrou que “o PP xa mentiu con Hemodinámica 24 horas. Primeiro, dicindo que os técnicos aconsellaban que no a houbese; e logo, criticando que era unha bandeira do PSOE. Xa quixeramos ter 42.000 militantes na provincia de Lugo que firmaron unha ILP ou 17.000 que se manifestaron polas rúas de Lugo. Eran veciños aos que o PP lles daba as costas e que logo tivo que rectificar e instaurar Hemodinámica as 24 horas. Agora vemos como nun mes, 6 familias foron atendidas grazas a este servizo durante todo o día, multiplicados polos anos de negativas e mentiras do PP sabemos o dano que infrinxiron a sociedade lucense”.
O PP non pediu máis prazas MIR nin máis recursos para a policía
“O mesmo acontece en sanidade. Ata que se paralizaron os médicos de atención primaria, ata que se levantaron en criticas os xefes de servizo, ata que os nenos non foron atendidos polos poucos pediatrías que ten a Xunta de Galicia, ata ese momento o Partido Popular dicía que non había ningún problema. Cando gobernaba Rajoy ninguén pedía máis prazas MIR ao Estado, ninguén pedía máis recursos e formación para ter máis profesionais e agora, a culpa é do Goberno de Estado. Onde está a dotación de máis de recursos policiais que puido conseguir Carballo durante 7 anos como subdelegado de Goberno. O PP cambia o discurso en función de quen goberne en Madrid”, denunciou Santos.
En 7 anos non fixeron nada para solucionar o problema dos okupas
O Secretario Provincial socialista censurou que “durante 7 anos de goberno non desenvolveron a lexislación que agora piden Carballo e outros membros do PP para solucionar o problema dos okupas. Por certo, nunha lexislatura cunha estabilidade política maior que a que hai agora mesmo no arco parlamentario. Onde estaban cando aos veciños das rúas 18 de xullo ou Camiño Real lles estaban ocupando as súas casas?. Mentindo e calando como agora.




















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



