Lugo, 1 de marzo de 2019. A Deputada de Benestar, Sonsoles López Izquierdo, avanzou que “ofertamos a través do Lugo Termal as últimas 296 prazas dispoñibles para os maiores lucenses interesados en acudir aos balnearios da provincia”. Esgotáronse xa, 824 das 1.120 prazas que ofrece o Executivo Provincial con descontos de máis de 60 euros en tratamentos mineromedicinais a maiores de 55 anos, co fin de potenciar o seu benestar social e envellecemento activo, impulsando á vez o turismo termal na provincia.
Nesta convocatoria o Goberno da Deputación decidiu duplicar o número de prazas do Lugo Termal, permitindo ofrecer a máis veciños descontos en tratamentos termais nos Balnearios Termas de Lugo, Augas Santas en Pantón e Río Pambre en Palas de Rei.
No Balneario Termas de Lugo xa non quedan prazas dos paquetes que inclúen estancia e máis tratamentos. As 50 ofertadas esgotáronse. Nesta mesma modalidade quedan dispoñibles soamente 107 prazas no Balneario Augas Santas, das 730 que ofertaba a Deputación, e 97 no Balneario Río Pambre, das 180 que se puxeron a disposición dos maiores lucenses. En total quedan dispoñibles 204 das 960 que oferta a Deputación.
Na segunda das modalidades, a que inclúe tratamentos sen pernocta, quedan dispoñibles 17 prazas no Balneario Augas Santas, 18 no Balneario Río Pambre, Palas de Rei e 57 prazas no Balneario Termas de Lugo. En total quedan dispoñibles 92 das 160 que oferta a Deputación.
As prazas nas dúas modalidades do programa Lugo Termal poden ser solicitadas ata mediados de xuño sempre e cando, non se esgoten antes.
Prazas dispoñibles na modalidade de estancia
– Balneario Termas de Lugo: esgotadas
– Balneario Río Pambre, Palas de Rei: 97 prazas
– Balneario Augas Santas, en Pantón: 107 prazas
Estes paquetes subvencionados nos que se ofrecen descontos consisten en: 6 días e 5 noites, con entrada o domingo e saída o venres, pensión completa, 1 recoñecemento médico, de 15 a 20 técnicas termais e actividades socioculturais. O custo é de 189,50 euros en total, grazas aos descontos que ofrece o Goberno da Deputación.
Prazas dispoñibles na modalidade de tratamentos sen estancia
– Balneario Termas de Lugo: 57 prazas
– Balneario Río Pambre, Palas de Rei: 18 prazas
– Balneario Augas Santas, en Pantón: 17 prazas
Este paquete de prazas subvencionadas sen pernocta inclúe de 30 a 40 técnicas termais durante 10 días, sendo 3 técnicas ao día; e un recoñecemento médico. O prezo neste caso é de 200 euros en total, grazas aos descontos que ofrece o Goberno da Deputación.
Atención especial e acompañantes
Dentro da aposta por unha Deputación social e coas persoas, o Lugo Termal 2018-19 ofrece atención especializada ás persoas con problemas de mobilidade, para garantirlles o acceso e goce dos tratamentos termais; así como programas específicos a persoas con discapacidades física, psíquica ou sensorial.





















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
Estivo arroupado nun salón de actos repleto de xente.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.



