A Mariña, 1 de abril de 2019. O día das artes plásticas que neste ano vai ó redor da figura de Lois Seoane, personaxe galego vinculado á cultura creativa da nosa comarca, a asociación cultural Tá en artes presenta a programación xeneral que levará a cabo durante os próximos meses.
Este ano dedicamos á reflexión sobre o labor creativo de Suso Peña nacido en Ribadeo, e onde desenvolveu a súa actividade profesional que abarca unha plural actividade creativa que vai dende a banda deseñada ata a fotografía, ilustración, deseño gráfico.
Os eixos da programación leva aparellado tres actos fundamentais:
Exposición en Ribadeo o día 13 de Abril na que se dan cita o redor de 20 artistas e a propia obra de Suso Peña baixo o lema Suso Peña Mestre de vida e soños. e que está organizada polo concello en colaboración ca asociación.
Exposición no Cenima da 6ª edición da Semana das artes da Mariña o 17 de Abril ata o 17 de Maio. e na que baixo a homenaxe a Suso circula co lema de Diálogos, onde cada artistas mariñán invita a un/a artista de fora da Mariña. León, Santander, Pontevedra, Lugo capital, será algúns dos lugares de procedencia dos/as artistas invitados/as.
Exposición dos centros escolares da Mariña do 28 de Maio a 10 de Xuño. Estas actividades van asociadas á colaboración na celebración das 4 conferencias que organiza no CENIMA a Pomba do Arco de Foz : 8 e o 11 de Abril a V edición das Xornadas Sentirmos a Arte con catro conferencias que se realizarán en horario de 20:30 no Salón de Actos do Cenima de Foz. Luns 8. A comuna do barruzo. Un proxecto musical e artístico. Ugia Pedreira e Abel Pérez Martes 9. O mural cerámico. Xosé Luís Neira Brochs. Mércores 10. O cotián revisado. Sesé Santiso. Xoves 11. Máis que ver. Cen historias do deseño en Galiza. Pepe Barro. Do mesmo xeito estase a levar un seminario dende o inicio de curso cos centros escolares para traballar sobre a actividade do homenaxeado Suso Peña e que será visible a traves da exposición dos centros escolares da Mariña e o segundo número da primeira revista escolar sobre plástica.