Ribadeo, 2 de abril de 2019. O alcalde, Fernando Suárez, amosa a súa satisfacción porque a Xunta declarase a Romaxe das Cruces como Festa de Interese Turístico de Galicia. Pero o rexedor critica as malas formas de comunicar este feito, xa que a administración galega non contactou coa mesa de traballo constituída no seu día, nin coa Corporación Municipal de Ribadeo nin tampouco co propio alcalde, senón que o fixo co candidato á alcaldía ribadense polo PP. Fernando Suárez asegura que “a min me daría grima apropiarme tan burdamente dun traballo de tanta xente e aparecer como un conseguidor de algo para o que nada fixo”.
O alcalde dixo: “primeiramente transmitir no meu nome, pero especialmente no nome de toda a Corporación, o sentimento de satisfacción porque a Xunta veña de declarar a Romaxe das Cruces como Festa de Interese Turístico de Galicia. É moi importante este recoñecemento dun acto que ten máis de douscentos anos de antigüidade e que evoca uns feitos bélicos da loita do pobo contra a invasión francesa en 1809. Transmitir polo tanto esa ledicia porque toda a Corporación, de xeito unánime en xuño de 2017, apoiamos formalmente esta petición de Festa de Interese Turístico de Galicia, tras apoiar convenientemente a petición que nos fixo chegar unha mesa de traballo, constituída en maio de 2017, para poñer en valor esta festa”.
Fernando Suárez lembrou que “esta comisión estaba composta polo presidente e a secretaria da comisión de veciños O Formigueiro, de A Ponte, polo párroco, por un historiador especialista, pola técnica de Turismo e pola concelleira de Turismo do Concello de Ribadeo, así como polos voceiros do grupo do Partido Popular, do Partido Socialista e de Ciudadanos”.
O rexedor sinalou que “o que temos que lamentar a partires de aquí son as malas formas que ten a Xunta de Galicia de comunicar todo isto, pois non o fai nin a esta mesa de traballo, nin o fai a esta Corporación Municipal, que é quen impulsou institucionalmente este acordo, nin ao seu alcalde como representante da corporación, senón que o fai a unha persoa, que é o candidato do PP ás eleccións municipais de maio. A min persoalmente, de ser o candidato do PP, daríame grima apropiarme tan burdamente dun traballo colectivo de tanta xente e aparecer como artífice e o conseguidor de algo que nada fixo. En todo caso, xa que falamos dun evento de exaltación relixiosa do Camiño de Santiago, penso que, tanto á Xunta de Galicia como a este novo candidato paracaidista, lle son de aplicación o dito aquel dos peregrinos que di que a pesares das presas de última hora non se chega a Roma nun día”.a s municipais de maio.
oa que y de traballo, nin o fai a esta corporaciasese Tur





















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



