A Mariña, 3 de marzo de 2019. A Federación de Comercio A Mariña acordou na xuntanza celebrada nas últimas horas realizar unha campaña para promocionar e darlle visibilidade ao comercio local durante o vindeiro mes de xuño. Segundo explica o presidente da FCAM, José Carlos Paleo, “esa campaña, que presentaremos nos últimos días do mes de maio, estará nas redes sociais, na prensa, na radio, no cine e tamén na televisión. Imos facela coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial de Lugo”.
A FCAM tamén agradeceu e valora de xeito positivo a colaboración do xornalista Pedro Madera na reportaxe realizada para a revista Marca Motor, publicada este mes de abril, “e na que achegou a nosa comarca a máis de 100.000 persoas. Madera fixo un percorrido entre Ribadeo e O Vicedo no que propón a visita a diferentes lugares de interese da Mariña como a Basílica de San Martiño, os portos de Nois, Burela, Celeiro ou O Vicedo. Fala da faba de Lourenzá e alude a establecementos comerciais como Panadería Torviso, Casa Damián, A Lonxa, Casa Chao ou Galipizza”. A reportaxe pode verse en www.marcamotor.es, en facebook.com/marcamotor ou en twiter.com/marcamotor
Pedro Madera realizou outra reportaxe para mylifeplanet.com con saída desde o río Eo e remate en Estaca de Bares. O xornalista define a costa de Lugo como “una colección de lugares donde la vida se disfruta con otro ritmo”. O enlace coa información é o seguinte http://mylifeplanet.com/viajes/a-marina-166
Desde a Federación de Comercio A Mariña José Carlos Paleo indica que “está pendente de publicarse a nivel nacional tamén outra reportaxe por Pedro Madera sobre as autocaravanas e as áreas de estacionamento e servizos cos que contamos para este tipo de turismo, que vai en alza, na Mariña”. Na FCAM consideran “importante facer promoción do noso comercio e das nosas posibilidades turísticas aquí na Mariña, pero tamén é importante vender as nosas excelencias a nivel autonómico ou estatal. Si queremos recibir xente durante a maior parte do ano deberemos traballar neste sentido”.
Na xuntanza da FCAM acordáronse as liñas presupostarias para este 2019 coas convocatorias de axudas por parte da Xunta de Galicia e o convenio coa Deputación Provincial de Lugo para o desenvolvemento de actividades ao longo deste ano, así como as distintas campañas que se porán en marcha.











No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.