A Mariña. 24, abril, 2019. O secretario de Estado de Enerxía durante o último mandato de Mariano Rajoy e actual secretario de Economía do Partido Popular, Alberto Nadal, explicou este mércores, acompañado de Ramón García Cañal, deputado por Asturias e membro da Comisión de Enerxía, e de Jaime de Olano, cabeza de lista ao Congreso por Lugo, a candidatos, concelleiros voceiros do PP da Mariña a importancia de que o 28 de abril o Partido gañador sexa o PP, pois só así se garantirá a supervivencia de Alcoa; a principal empresa da provincia.
Concretamente o exsecretario de Estado, que acudiu á Mariña convidado por Olano ante a enorme preocupación que xa trasladaron en diversas ocasións dende o PP polo mantemento da planta de San Cibrao, e participou activamente nas políticas impulsadas a este efecto polo Executivo de Rajoy, afirmou con rotundidade que “este domingo el sector industrial y electrointensivo se juega su supervivencia. Si gana el PP, tenemos una esperanza. Si gana Sánchez, el sector industrial levantará el vuelo”.
Fronte a outras forzas políticas, o Partido Popular si que ten unha folla de ruta clara e plantexa varias solucións inmediatas que paliarían a forte crise que atravesa a fábrica mariñana e o sector en xeral. Segundo Nadal, “la opción que mejor acepta la Comisión Europea es la que ponen los alemanes encima de la mesa y esta pasa por dar subvenciones a las industrias, superando incluso eses 150 millones que dejamos proyectados”. Por iso, se o PP regresa ao Goberno o primeiro que fará será “crear un un decreto ley para mejorar el presupuesto del 19 y ayudar a las empresas electrointensivas y así evitar la fuga de carbono de forma inmediata”.
En segundo lugar, cómpre abordar o tema fiscal, de tal xeito que habería que elevar a bonificación do imposto que pagan as consumidoras, eliminar a taxa de xeración establecida nun 7% do total que producen e, terceiro, aplicar descontos no pagamento que fan polo CO2, ademais doutras actuacións a medio prazo.
“O lo hacemos ya o la supervivencia va a ser imposible. Para que un inversor compre e invierta tiene que haber un horizonte a largo plazo. Tiene que haber una señal clara e inequívoca con las empresas como es Alcoa. En los 10 meses de Sánchez hubo ERES en todo el sector industrial. Por el contrario, dentro del Gobierno del PP había una unidad de criterio. Esto lo esta liderando el ministerio de Industria y la ministra no está en ningún sitio. Queda claro que este domingo el sector industrial y electrointensivo se juega su supervivencia”, insistiu.
O PSOE repite os erros de 2007 e 2008
E é que, segundo apuntou “el programa del Partido Socialista y de Podemos es exactamente repetir los mismos errores de 2007 y 2008” cando se meteron custos innecesarios que provocaron que quebrase o sistema e se xerase unha débeda moi elevada. Tal é así que, alertou de que a pretensión dos socialistas, a pesares de que “las plantas generadoras que abaratan el precio son las nucleares y el carbono, es cerrarlas lo antes posible, lo que supone un aumento del coste eléctrico entre un 50 y un 60%”.
Pola contra, dende o PP o obxectivo sempre foi todo o contrario. Dende que chegou Rajoy o fin último, explicou o popular, foi intentar manter aberto todo o parque. Incluso se presentou unha Proposición Non de Ley no Congreso dos Deputados para que non se puidera pechar ningunha central. Ademais, introducíronse os custos como parte da política enerxética, garantindo a seguridade no subministro, tendo en conta o efecto medioambiental, así como a repercusión do prezo na competitividade das empresas.
“El Partido Socialista solo tiene en cuenta la pata medioambiental. Así se puede observar en el documento remitido a Bruselas o en el proyecto de lei del cambio climático, en los que todas la referencias que teníamos nosotros sobre competitividad y costes desaparecieron completamente”, destacou.
Alcoa, que é a industria máis electrointensiva de todas a centrais, e dado que o 40% dos seus custos son de carácter enerxético, precisa un esforzo adicional. Por iso, no ano 11, Nadal destacou que se deron instrucións directas dende Moncloa de facer todo o posible para que esta e o resto de empresas do sector se mantivesen en activo. Un ano máis tarde, cambiouse o sistema de interrumpibilidade, no proceso de poxas incluíronse bases específicas e se pelexou en Europa para que se aumentasen as interconexións.
No caso concreto da Mariña, dotouse a esta zona de gas para que os custes fosen menores e se incluíron 150 millóns no Orzamento para compensar o problemas da eliminación da interrumpibilidade. Logo chegou o cambio de Goberno e esta dinámica “se reduce brutalmente”, concluíu.


















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



