Burela 21-4-19. En Marea volveu percorrer a Mariña na tarde deste domingo e interesarse pola realidade social das vilas costeiras, grandes esquecidas nas Cortes do Estado. A cabeza de lista ao Congreso Cristina Pérez, o número 2 da lista e traballador de Alcoa Javier Arca e o candidato ao Senado Manuel Germade mantiveron unha xuntanza con representantes da Confraría de Pescadores de Burela e da Asociación de Mulleres Caboverdianas e participaron posteriormente nun mitin na Biblioteca Pública da vila.
Cristina Pérez lembrou durante o acto as inquedanzas que ambos os colectivos trasladaron á delegación de En Marea nas xuntanzas previas. Deste xeito, a candidata ao Congreso reclamou “un reparto xusto para as cotas pesqueiras” e unha lexislación que contemple “as especificidades da pesca artesanal e a súa relación co mundo científico”. Non quixo esquecer reclamar a “adecuada promoción dos produtos do mar da Mariña” e reclamou que o Estado aposte claramente pola “profesionalización da profesión e o impulso ás titulacións”. “Sabemos que teremos que ser nós quen o reclame, porque os outros representantes públios galegos esquecerán o país así que entren pola porta dos Leóns” lamentou.
Pérez valorou positivamente o grao de inclusión e integración da comunidade caboverdiana en Burela, “o que demostra que un país emigrante coma o noso ten a porta aberta para todas as persoas que buscan a vida fóra do lugar onde naceron”. Neste sentido, a candidata reiterou que En Marea “defenderá sempre sociedades inclusivas, que respecten a pluralidade e a diversidade cultural, étnica e lingüística”e traballará dende as institucións contra os “discursos do odio que só procuran fragmentar ás maiorías sociais e rachar as redes de solidariedade que nos fan camiñar cara adiante como sociedade”.
A intervención de Pérez, moi ben recibida polo público, pechouse cunha idea que repite en cada visita ácosta luguesa: “non imos permitir que Mariña quede atrás”.
























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



