Xove. a 23 de abril de 2.019. Un ano máis a Comisión de Festas de Monte, formada por membros da Asociación Cruz de Loureiro de San Isidoro de Monte, organiza as Festas Patronais da parroquia en honra a San Isidoro os vindeiros 27 e 28 de abril, con arranxo ao seguinte programa:
SÁBADO, 27 DE ABRIL:
-13:00 Horas.- Misa Solemne na Igrexa Parroquial e Procesión en Honra a San Isidoro.
-14:00 horas.- Sesión Vermú con “Mayer”.
-15:00 horas.- Xantar nunha carpa totalmente pechada. Para inscribirse previamente no xantar hai que chamar ao tfno: 646 647 619.
-17:00 horas.- Verbena con: “Mayer” e “FENIX”. Para esta verbena a Comisión ten preparados 3 trofeos para as tres mellores parellas de baile, 1 trofeo para parella máis veterana e outro trofeo para máis nova.
-19:00 horas.- Gran queimada co Bruxo de Cervo.
DOMINGO, 28 DE ABRIL:
-10:00 horas.- Xuntanza Cabalar e Paseo Sendeirismo “Penasagudas á Cruz do Pao da Vella” (a pé ou a cabalo), organizada pola Asociación Cruz de Loureiro. Para inscribirse previamente na Ruta e para apuntarse ao posterior xantar, hai que chamar ao tfno: 646 647 619.
*Nota importante sobre a ruta a cabalo.- “Cada xinete participante na Xuntanza será responsable dos desperfectos ou danos que poida producir xunto co seu cabalo tanto a bens como a persoas, incluídos os danos a sí mesmo e ao seu cabalo.
-14:00 horas.- Sesión Vermú con “JOSÉ Anido”.
-17:00 horas.- Despois de xantar, baile e verbena con “José Anido”.
A Comisión de Festas dispón dunha carpa na cal se realizarán os bailes dos dous dias da festa.
A Comisión tamén quere agradecerlle a tódalas institucións, empresas e particulares que dalgunha maneira axudaron, a súa colaboración coa nosas Festas Patronais.