Este vindeiro sábado, 6 de marzo, ás 20,00 horas, no local da Casa da Xuventude de Mondoñedo, terá lugar a presentación da novela "A Solo no le gustaba su nombre", de Pepe Peinó. Ademais do autor, estará, como vén sendo habitual, o lingüista Bernardo Penabade. Contarase tamén coa amenización musical a cargo de Alejandro Barreira, que interpretará tres temas acompañado da súa guitarra. O acto lévase a cabo coa colaboración do concello de Mondoñedo.
Por parte do concello, en canto nos solicitaron os datos do persoal do SAF para o proceso de vacinación por Covid-19, enviouse a información correspondente, procedéndose entre os días 17 e 18 de febreiro á vacinación do persoal deste servizo. A vacinación é un paso moi importante, tendo en conta o traballo que fai o persoal con persoas maiores e dependentes de Viveiro.
Os rexedores de Viveiro, Ourol, Xove, Cervo, Alfoz, O Valadouro, Abadín, Muras e Xermade presentaron alegacións á lei de protección do lobo e envían ao goberno do estado un documento no que explican os argumentos que sitúan ao depredador en difícil coexistencia cos gandeiros, que nesta zona sofren habituais ataques.