Lugo, xoves 4 de abril 2019. O cabeza de lista de Ciudadanos ao Congreso dos Deputados pola provincia de Lugo, José Manuel Blanco, respostou esta mañán ás críticas de membros do Partido Popular que o acusaron de ter abandonado o PP para pasarse a Ciudadanos. “Marchei do PP por coherencia, xa que vin que non defendía á provincia de Lugo nin á comarca da Mariña e que a presenza dos diputados e senadores do PP en Madrid era inútil e só estaban para manterse atornillados ao sillón”, afirmou en referencia a persoas coma José Manuel Barreiro ou Jaime De Olano.
“Un dos problemas que ten o PP é que persoas coma Barreiro, Balseiro e De Olano pensan que os seus cargos son vitalicios”, asegurou José Manuel Blanco, que argumentou que “todos os cargos pertencen aos votantes”. Por iso, dixo, “pídolles aos votantes do Partido Popular que fagan coma min e se pasen a Ciudadanos”.
O candidato de Ciudadanos ao Congreso participou esta mañán na presentación da candidatura xunto ao mariñao Francisco Pintado, xefe do servizo de Anestesioloxía do Hospital Público da Mariña e que forma parte como número dous da lista á Cámara Baixa. José Manuel Blanco destacou “o valor dunha persoa coma o doutor Pintado, que leva 32 anos traballando pola sanidade pública na comarca da Mariña”.
José Manuel Blanco loubou ao doutor Pintado por ser “un profesional de recoñecido prestixio procedente da sociedade civil e que representa a sanidade e a educación, dúas das grandes preocupacións de Ciudadanos”. Francisco Pintado explicou que leva tres décadas vivindo en Burela e traballando no Hospital Público da Mariña e que se sinte “un mariñao e un galego de adopción”. Explicou que nunca até agora participara en política, pero decidiu unirse a Ciudadanos pola “ilusión que lle despertou este proxecto”, do que dixo sentirse “moi orgulloso”.
Loitar contra a corrupción e o despilfarro de fondos públicos
O lugar escollido para a presentación foi a praza de abastos de Lugo polo seu triplo simbolismo: simboliza o abandono da provincia de Lugo por parte do PSOE e do PP; o malgasto dos fondos públicos tras terse gastado máis dun millón de euros no edificio e nin sequera estar acabado; e a corrupción, ao ser adxudicada a unha empresa que estaba investigada por tramas corruptas en Madrid e anulada posteriormente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que obrigou ao Concello no 2017 a volver a iniciar o proceso de contratación.
“Estas son as cousas polas que Ciudadanos veu á política: para acabar coa corrupción, xestionar de forma eficiente os fondos público e buscar solucións reais que dinamicen a economía”, insistiu Olga Louzao, voceira de Ciudadanos no Concello de Lugo. “Tamén escollimos este sitio ao ser un lugar vinculado ao agro e ao comercio local, ao facerse aquí o mercado dos martes e venres, dous sectores prioritarios para Ciudadanos”, explicou Olga Louzao.
José Manuel Blanco tamén quixo representar a unión de Ciudadanos con Galicia poñendo un paraugas ao lado do logotipo de Ciudadanos en “referencia aos Pelúdez e como símbolo da chuvia e de Lugo” e cunha pranta laranxa na mesa “para simbolizar o crecemento de Ciudadanos na provincia de Lugo”.