Ribadeo, 23 de abril de 2019. O Concello realizará obras de pavimentación no Camiño de Vilar, en Piñeira, nas que investirá 32.000 euros procedentes de fondos propios. As empresas interesadas teñen ata o 3 de maio para presentar as súas ofertas. O alcalde ribadense, Fernando Suárez, explica que ese viario ten unha serie de deficiencias na capa de rodadura, de aí que sexa necesario actuar e engade que é un camiño moi empregado que está integrado na malla urbana de Ribadeo.
O rexedor anuncioulles “ás empresas cualificadas para este tipo de obra que temos colgado, desde o día de hoxe, na plataforma de licitación electrónica aloxada na páxina web do Concello, ademais de tamén estar na plataforma de contratos do Estado, a obra de pavimentación do camiño de Vilar, en Piñeira, polo procedemento aberto simplificado ordinario. Hai que ter en conta que son dez días de publicación, remata polo tanto o vindeiro 3 de maio para todas as empresas que queiran planificar a súa oferta”.
Fernando Suárez explicou que “o importe son 32.000 euros, IVE incluído, e desde o Concello con fondos propios queremos darlle unha volta a este camiño que presenta, desde hai moito tempo, unha serie de deficiencias na capa de rodadura. Queremos aumentar o ancho da calzada nalgúns tramos e queremos mellorar as características superficiais do pavimento existente con aglomerado asfáltico. Aínda que é un barrio pertencente a unha parroquia a día de hoxe está integrado na malla urbana de Ribadeo. Este camiño conecta a avenida da Ría de Ribadeo cun camiño de servizo da circunvalación, que linda coa estrada do monte, polo tanto é moi usado tanto por residentes dese entorno como pola xente que cruza dunha zoa para outra do concello”.























Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



