A Pastoriza, 21 de abril de 2019. A candidata do BNG ao congreso pola circunscrición de Lugo visitou unha explotación de gando ovino no concello de A Pastoriza, na parroquia de Fonmiñá, e sinalou “que Galiza teña voz propia en Madrid será vital para o rural, temos as ideas claras a respecto de cómo deben ser as políticas, en materías como a produción agrogandeira, para a realidade galega”. Por iso, un Bloque decisivo na política estatal vai usar os votos a favor das persoas que traballan no agro, “para que o sector produtor teña unha forza que o defenda, porque somos unha potencia agroganderia pero precisamos poder político”.
Maite Ferreiro fixo fincapé na importancia de facilitar a renovación xeracional, “como se deu no caso da explotación que visitamos hoxe” e acabar coa discriminación da muller no agro. No primeiro caso, con fondos suficientes e unha fiscalidade que non penalice á xente moza que recibe axudas públicas para incorporarse ao rural. E na segunda cuestión, medidas a favor da igualdade das traballadoras no agro en particular no relacionado cos ingresos e coa dificultade de acceso á copropiedade das explotacións.
“Os escanos que nos dean o 28A van servir para acabar coa discriminación da muller no medio rural e acabar coas barreiras de tipo legal que seguen existindo”, recalcou Maite Ferreiro. A candidata por Lugo, Maite Ferreiro, lembrou que desde a entrada na UE Galiza perdeu 90.000 explotacións agrarias e avanzou que o BNG “proporá no Congreso un plan estratéxico para o sector agrario para a produción de carne e leite”, así como medidas para mellorar as pensión mínimas, especialmente baixas entre os traballadores e as traballadoras do agro e nos concellos do rural cunha poboación moi envellecida.
“A nosa proposta é subir as pensións na mesma contía que o SMI de xeito progresivo até igualar ambos ao 60% do salario medio do Estado. Non é xusto que persoas que traballaron no rural 40 ou 50 anos agora cobren unha pensión mínima”, salientou Ferreiro. Estes son, a candidata por Lugo, os compromisos do BNG. Nun Congreso sen maiorías, demandará medidas para garantir rendas dignas aos produtores, “e para iso necesítase transparencia e intervención no mercado e apostar pola transformación para xerar valor engadido con liñas de apoio concretas”, indicou.




















Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.



