Lugo, 22 de abril de 2019.- O voceiro de En Marea denuncia a visión centralista das forzas políticas de ámbito estatal e reivindica a urxencia de que Galicia sexa tida en conta en Madrid. Fronte aos que xa teñen demostrado unha e outra vez o seu nulo interese polas necesidades das galegas e galegos, Luís Villares reivindica o papel decisivo de En Marea. Unha formación comprometida co desenvolvemento do territorio galego dentro dun estado que amplíe dereitos para o conxunto da cidadanía. E que se presenta como o antídoto contra a desilusión e o esquecemento.
“Hoxe ides ver un debate no que faltará Galicia, como a ignoran sempre. Os dous debates da televisión son unha estafa piramidal porque fan crer que hai unha democracia, pero esa democracia non é tal cando non se escoitan todas as voces da cidadanía. Nese debate non se fala de transferencias a Galicia, a pesar de que non houbo ningunha nos últimos dez anos mentres que o País Basco conseguiu catro cun só voto”. Son palabras do voceiro de En Marea, que reivindica o papel decisivo desta formación para conseguir que a voz de Galicia se escoite alta e clara en Madrid despois do 28A.
Dende Lugo, Villares criticou este martes que temas básicos para o desenvolvemento de Galicia sexan repetidamente ignorados polas forzas políticas de ámbito estatal. “Neses debates non se vai falar da mocidade galega emigrada por todo o mundo. Nin tampouco das infraestruturas galegas: nin da AP-9, nin do tren de proximidade, nin dos dereitos da cidadanía galega que precisa unha renda básica como a que leva propoñendo En Marea desde hai case dous anos”, afirma o voceiro.
Ante o desinterese e a visión centralista doutras forzas políticas, En Marea apela á urxente necesidade de que Galicia e os seus dereitos, ata agora ignorados tanto na política estatal como nos debates electorais, conten cunha forza decididamente comprometida coa súa defensa. “O problema xa non é que se ignore Galicia, senón que se ignoran tamén as posibilidades de mellorar das galegas e galegos. Porque cando se ignoran os problemas non hai maneira de poñerlle solucións”, denuncia Villares.
Fronte ao flagrante desleixo cara ás necesidades de Galicia do que veñen facendo gala outros partidos, En Marea quere poñerlle solucións aos problemas das galegas e galegos. “Somos a única forza que busca solucións aos problemas galegos, e que ao tempo é capaz de negociar coas forzas de carácter estatal”, afirma o voceiro. Que sinala o papel dos debates electorais como “un bo exemplo de como se entende a democracia. Para que Galicia non falte nesa política estatal é necesario que En Marea estea presente nesa política”.
Pola súa banda, a candidata ao Congreso por Lugo fixo un chamamento para que esa provincia non continúe perdendo máis trens. “Levamos perdidos moitos deles e a provincia merece contar cunha vez cunha infraestrutura que a comunique co resto da península e, aínda máis importante, co resto de Galicia”.
Cristina Pérez Herraiz volveu denunciar o isolamento e a perda de poboación que a falta de investimentos está a provocar en Lugo, e reivindicou un cambio de paradigma. “O que queremos en En Marea é o aproveitamento de infraestruturas que xa existen, como o FEVE. Actualizalas e facelas útiles para vertebrar o noso territorio”, explica a cabeza de lista de En Marea.
Pérez Herraiz destacou a necesidade de impulsar “un tren de proximidade que nos una ao resto de Galicia, porque non pode alguén subirse a un tren e tarde cinco horas en chegar a Compostela”. Unha situación de illamento que afecta á economía e provoca parte da emigración. “Non quero ver como medran os meus netos a través do Skype, quero que regresen e que queden”, reivindica.
O mitin e encontro coa cidadanía de En Marea celebrado esta tardiña no IES Virxe dos Ollos Grandes congregou ducias de veciñas e veciños da cidade que acolleron con entusiasmo as palabras da cabeza de lista ao Congreso Cristina Pérez, a candidata ao Senado Victoria Esteban, o candidato de Lugonovo á alcaldía Xosé Chorén e o portavoz de En Marea Luís Villares.
Cristina Pérez sinalou que En Marea loitará dende o Congreso dos Deputados e o Senado contra “a precarización crecente da vida e do traballo” pola “ausencia de oportunidades”, o “éxodo rural” e a “fenda salarial” que afecta ás mulleres.
A candidata lucense ao Congreso non quixo esquecer os mariñeiros do Cantábrico galego nin ás “mulleres bravas que reclaman un rural en pé de igualdade”. Así como á mocidade que enche as rúas “por un planeta saudable”, e aos “traballadores e traballadoras de Alcoa que coa súa suor crean o 30% do PIB de Lugo” malia o “lastre” que supón a actividade das grandes eléctricas, “depredadoras do territorio”.
Cristina Pérez defendeu o modelo de xestión das mareas locais e candidaturas cidadás que demostran “que é posible traballar nas institucións doutra maneira” e “sumando vontades”. E `puxo como exemplo Lugonovo, que ten conseguido “practicamente o 100% de aprobación de iniciativas nos plenos municipais, porque onde están as mareas está o sentidiño”.
Unha voz luguesa
A cabeza de lista ao Congreso comprometeuse a dotar á provincia “dunha voz de seu para que alguén fale dos problemas de Lugo e os resolva”. Neste sentido, referiuse á situación histórica de Galicia, que foi considerada territorio “alleo e innecesario para a gobernabilidade do Estado”, para despois lembrar que “coa nosa potencialidade natural e humana, o normal sería que Galicia estivese á cabeza de España” se os sucesivos gobernos do Estado non tiveran estado “comprometidos só coa súa propia continuidade”. “Isto vai mudar. Vaino mudar En Marea co teu voto” rematou.

















A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



