Santiago de Compostela, 10 de maio de 2019. A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica hoxe na plataforma de Contratos Públicos de Galicia a licitación das obras de rehabilitación integral do CEIP de Cervo e do CEIP de Foz nº1. As obras realizaranse a través do anticipo de tesourería aprobado no Consello da Xunta para axilizar a licitación das obras con cargo ao superávit de 2018. Os traballos comezarán a executarse a mediados do mes de xullo.
As actuacións contempladas na rehabilitación integral do CEIP de Cervo, cun orzamento de 1.057.127,70 euros, inclúen medidas para mellorar a súa eficiencia enerxética. Para iso, instalarase unha nova caldeira de biomasa, colocarase panel sándwich e illamento na cuberta e illarase tamén a fachada polo exterior mediante sistema SATE. Ademais, mudaranse as fiestras por unhas novas de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmico e vidro dobre baixo emisivo e as luminarias por equipos de alta eficiencia enerxética, con regulación lumínica e detectores de presenza. A combinación destas actuacións suporán un aforro do 84,6 % no consumo de enerxía primaria non renovable e do 87,6 % en emisións de CO2.
A maiores, instalarase un ascensor para 8 persoas, reformaranse os aseos, pintaranse os paramentos verticais e colocarase falso teito acústico nas aulas, biblioteca, comedor, área de profesores e administrativa.
Foz
Pola súa banda a obra do CEIP de Foz nº 1 contará cun orzamento de 914.376,08 euros, que se destinarán a colocación de panel sándwich e illamento térmico na cuberta no edificio de primaria, ao illamento da fachada polo exterior mediante sistema SATE neste mesmo edificio, á substitución das fiestras (por outras de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmico e vidro dobre baixo emisivo) e persianas nos dous edificios e á instalación de luminarias de alta eficiencia enerxética. Todas estas medidas combinadas supoñen un aforro do 64,70 % no consumo de enerxía primaria non renovable e do 66,10 % en emisións de CO2 no edificio de primaria e do 21,40 % no consumo de enerxía primaria non renovable e do 21,70 % en emisións de CO2 no edificio de infantil.
A rehabilitación integral deste centro inclúe tamén a creación dun gran patio cuberto entre edificacións, a colocación dun novo núcleo de comunicacións (ascensor e escaleira de evacuación), no edificio de primaria e a redistribución de espazos administrativos, salón de actos e cociña comedor para mellora da súa funcionalidade, no edificio de primaria. Así mesmo, instalarase un sistema de ramplas entre edificios que resolve os problemas de accesibilidade e repararanse e pintaranse os paramentos verticais.






















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



