Ribadeo, 25 de maio de 2019. Acisa Ribadeo pide unha vez máis responsabilidades a Viesgo polos continuos cortes de luz que se están a producir desde o pasado mes de abril. Un dos últimos rexistrouse onte, venres, preto das cinco da tarde.
A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, a través do seu xerente, Jesús Pérez, cualificou de “lamentable que en pleno século XXI teñamos que sufrir case a diario micro cortes de luz en Ribadeo, con todo o que iso supón para as empresas. Onte, venres, facía sol, non había vento, nin temporal, nin cousa que se lle pareza e de novo volveron os micro cortes de luz”.
Pérez Prada dixo: “non entendemos o que está a pasar cando ademais contamos cunha nova subestación eléctrica, que se supoñía que ía poñer fin a toda esta problemática, que xa é moi vella, e que desgraciadamente continúa”. E subliñou que “cada vez que se producen estes cortes de luz recibimos na nosa oficina ducias de chamadas dos nosos asociados e asociadas queixándose dos danos e prexuízos que todo isto lles ocasiona. Sempre hai algunha máquina que se queima. Pedimos que Viesgo se responsabilice dos danos causados cada vez que se vai a luz en Ribadeo, sexan tres segundos ou cinco minutos. Eses micro cortes, esas subidas e baixadas de tensión son moi prexudiciais para todos os aparatos eléctricos que temos nos nosos negocios hostaleiros, comerciais, de servizos, oficinas, etc… xa estamos fartos en Acisa Ribadeo”.
O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, advertiu que “os nosos asociados e asociadas cada vez están a ter maiores problemas para que os seus seguros se fagan cargo das avarías que estes cortes de luz lles ocasionan. Os micro cortes volven ser habituais en Ribadeo e as aseguradoras poñen en dúbida moitas veces esta problemática e son moi reacias a facerse cargo dos danos causados. Consideramos que Viesgo debera ser quen se fixera responsable, con maiúsculas, de todos os problemas que lle causa ao empresariado ribadense cando se produce esta situación, que é moi repetitiva”.
O xerente de Acisa sinalou que “desde esta asociación xa organizamos unha manifestación hai tempo e estamos dispostos a mobilizarnos de novo si desde Viesgo non se da unha solución a esta problemática ou se non se fan responsables dos desperfectos que ocasionan cada vez que se corta o subministro eléctrico”.
Jesús Pérez foi máis aló e anunciou que “desde Acisa estamos dispostos a canalizar as denuncias que os nosos asociados e asociadas queiran presentar, porque consideran e consideramos que se están a rir de nós un día si e outro tamén”.
Desde Acisa engaden que “queremos pagar pola calidade do servizo que recibimos e neste momento a calidade que presta Viesgo é moi deficitaria en Ribadeo. E ás administracións públicas queremos pedirlles que dunha vez por todas tomen tamén medidas para que estes cortes de luz non volvan producirse en Ribadeo. Está moi ben falar e queixarse, pero algo máis poden e deben facer”.























O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



