Cervo, 31 de Maio de 2019.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, fai un chamamento urxente a toda a Mariña para mobilizarse de xeito unánime e dar a coñecer a ameaza que supón para A Mariña que Alcoa non conte cun marco enerxético estable e competitivo.
Villares urxe a todos os mariñáns a “concienciarse do problema grave que temos con Alcoa na situación límite na que nos atopamos e actuar para que A Mariña non perda o seu motor económico. Entre todos temos que apremiar ao goberno central de forma inmediata a que atope unha solución para dotar dun marco enerxético estable ao complexo industrial de San Ciprián”.
Na actualidade o custo enerxético supón o 40% do total nos seus custos de produción e a diferencia no prezo cos seus competidores electrointensivos en Europa sitúase nos 25 euros por MWh. Estas cantidades poñen en verdadeiro risco a competitividade empresarial da empresa na nosa zona. Alcoa xera máis de 1200 postos directos e 500 máis engadindo as empresas auxiliares, ademais de xerar máis do 30% da provincia.
Para o rexedor cervense “é fundamental visibilizar o problema e dar a coñecer a situación ao goberno central de xeito urxente. Para iso temos que mobilizarnos todos de xeito unánime, neste momento que xa remataron tanto as eleccións municipais como nacionais, co único obxectivo de defender o noso, e conseguir que esta factoría siga existindo na Mariña durante moitos anos máis”.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



