Burela, 8 de maio de 2019.- A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e o alcalde de Burela, Alfredo Llano, copresidiron este mércores a Xunta Local de Seguridade na que se analizou a evolución da delincuencia neste concello e se tratou dos dispositivos de seguridade para os eventos festivos que se celebrarán durante o verán. Ademais da subdelegada do Goberno e o alcalde, na xuntanza, que se celebrou esta mañá na Casa do Concello, participaron na reunión representantes da Garda Civil e o Subsector de Tráfico, da Policía Autonómica e da Policía Local.
En canto á evolución da delincuencia no que vai de ano, Isabel Rodríguez informou de que, de acordo cos datos oficiais da Garda Civil, no primeiro trimestre de 2019 rexistráronse 4 denuncias menos por infraccións penais en Burela que nos mesmos meses do ano pasado.
Concretamente, de xaneiro a marzo desde ano denunciáronse 47 infraccións penais, 22 delas por delitos graves ou menos graves e 25 por delitos leves.
Esta cifra supón unha diminución do 7,84% respecto ao mesmo período do ano anterior, xa que nos tres primeiros meses de 2018 denunciáranse 51 infraccións penais.
Tamén destacou o feito de que aumentou 7 puntos a eficacia da Garda Civil de Burela, pois o número de infraccións esclarecidas pasou do 33% ao 40%, xa que no primeiro trimestre deste ano resolvéronse 19 dos 47 delitos coñecidos mentres que nos mesmos meses do ano pasado foran resoltos 17 de 51.
Entre xaneiro e marzo, a Garda Civil de Burela detivo 12 persoas e investigou outras 10. No primeiro trimestre de 2018 foron detidas 4 persoas e investigadas 7.
ANO 2018
A subdelegada do Goberno detallou ademais que a taxa de criminalidade de Burela no ano 2018 foi do 22,16, lixeiramente inferior á da provincia de Lugo, que se situou en 22,5 e moi inferior ás de Galicia (28,9) e de España (45,6).
No conxunto do ano 2018 rexistráronse 212 infraccións penais no concello de Burela, das que 83 foron graves e menos graves e 129 delitos leves.
VIOLENCIA DE XÉNERO
Outro aspecto que analizou a Xunta Local de Seguridade foi a incidencia neste Concello da violencia de xénero. No que levamos de 2019, entre os meses de xaneiro e abril, rexistráronse 7 denuncias por violencia de xénero. En todo o ano 2018 computáronse 27 denuncias por este motivo e en 2017 a cifra fora de 18.
PLANS DE SEGURIDADE
A Xunta Local de Seguridade de Burela tamén pasou revista aos distintos plans operativos da Secretaría de Estado de Seguridade, como son o Plan Director para a Convivencia e mellora da seguridade escolar nos Centros educativos e o Plan Maior de Seguridade.
A subdelegada do Goberno destacou que no que vai deste curso académico, a Garda Civil impartiu 11 charlas e ten outras 2 pendentes de realizar, con data xa fixada, sobre temas como os riscos na Internet e as novas tecnoloxías, acoso escolar, violencia de xénero ou drogas e alcohol.
Ademais destas charlas impartidas a alumnos dos IES Perdouro e Monte Castelo e o CEIP Virxe do Carme, a Garda Civil tamén realizou unha conferencia para a AMPA do CEIP Virxe do Carme sobre alcohol e outras drogas, na que se fixo especial fincapé nas novas adiccións que supoñen un risco para os mozos como son os videoxogos e as apostas en rede.
OPERATIVOS PARA AS FESTAS
Na xuntanza, tamén se estudaron os dispositivos de seguridade que se porán en marcha en Burela con motivo dos distintos eventos festivos que se celebrarán neste concello durante o verán, que atraen a gran número de persoas, tanto veciños como turistas e visitantes para disfrutar da oferta festiva, gastronómica e musical.
Concretamente, tratouse dos dispositivos de seguridade para as festas patronais, a festa Castrexa, a romaría do Monte Castelo, a Feira do Bonito e o Festival da Osa do Mar.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



