A Mariña, 31 de maio de 2019. Durante todo o mes de xuño chegará ás veciñas e aos veciños da comarca a nova campaña de concienciación da FCAM Compra na Mariña, desvirtualízate co obxectivo de potenciar as compras no comercio local. Preséntase en varios formatos: con chapas/pins, que lucirán os empregados dos establecementos asociados; con servilletas, que estarán presentes nos locais hostaleiros; con vallas publicitarias e con anuncios en radio, en prensa, no cine, na televisión e nas redes sociais para tentar chegar ao maior número de persoas posible. Un dos principais destinatarios da campaña é a xente nova, que é a que máis compra a través de internet.
Compra na Mariña, desvirtualízate é unha campaña pensada en positivo, na alegría que supón saír de compras no comercio local e no orgullo que debemos sentir por sermos mariñáns. Os cinco sentidos son protagonistas das mensaxes que a partires de mañá estarán presentes en toda a comarca: entra, mira, toca, ule, proba…
A presentación tivo lugar no Cenima, en Foz. Na quenda de intervencións José Manuel Balseiro, delegado territorial da Xunta en Lugo, referiuse á liña de axudas da administración galega para a dinamización do comercio local e dixo: “hai que recoñecer que sen lugar a dúbidas o Concello de Foz, nos últimos catro anos, foi o Concello de Mariña que máis dinamizou o comercio. Non hai máis que ver dúas das rúas que se fixeron neste concello e que son as máis comerciais que existen no pobo de Foz, ademais da zona do porto que tamén se dinamizou. Por iso señor alcalde moitas grazas porque é algo que os focenses sempre o terán presente e aí quedará. Eu ben sei que no comercio hai moitas discusións cando se dinamizan os sitios. Sen lugar as dúbidas o que máis resultado deu foron as rúas peonís. Imaxínense agora volver a abrir as Catro Rúas de Ribadeo ou o casco antigo de Lugo e que transitaran os coches por alí, onde hoxe temos rúas peonís e zonas comerciais”.
Sobre a importancia do comercio local falou o presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña e alcalde de Burela, Alfredo Llano: “estes días o comercio de Burela está a tope. É bo comprar no comercio de Burela, no de Foz ou no de Ribadeo porque a xente sabe quen es, os gustos que tes, o que pode ofrecerche, e vaicho dar perfectamente, vai quedar contigo e ter a responsabilidade inmediata de atenderte. Sabe moi ben como debe cumprir e nosoutros tamén queremos que sexades conscientes de cumprir con eles. O comercio é totalmente necesario, é case obrigatorio telo porque senón os pobos desaparecen. Onde hai por exemplo un restaurante ou unha tenda cunha historia de corenta e cinco anos, dun día para outro pecha e xa quedou ese pobo un pouco orfo na economía, na atención e na preferencia da xente para ir a visitalo”.
O alcalde en funcións de Foz, Javier Castiñeira, manifestou que “cando se fala de humanización dos lugares, aquí en Foz, agradézolle ao señor Balseiro que o recoñeza, fíxose un proceso de humanización importante do noso comercio, creouse o Centro Comercial Aberto, porque entendíamos que era positivo e seguimos pensando que é moi positivo. Xa simplemente a palabra humanizar é a primeira ferramenta que podemos ter contra a globalización, ou sexa, darlle prioridade ás persoas. O que víamos nese vídeo, posto que non é o mesmo estar palpando no móbil e vendo mil posibilidades que facelo presencialmente, tocando e valorando a atención do dependente. Hai que poñer eses valores por diante, seguir humanizando o noso comercio, ser valentes todas as administracións para tratar de poñer ás persoas por diante das máquinas e dos teléfonos, porque se facemos o contrario estamos axudándolle á globalización a que nos siga comendo”.
E o presidente da FCAM lembrou que “a Federación leva sete anos cun obxectivo común e claro, que é facer pobo e facer Mariña, é do que se trata. Tratamos de estar todos xuntos e este ano pasiño a pasiño un dos obxectivos é chegar aos mil socios, desde Ribadeo a Vicedo, e con Lourenzá agora mesmo. Tamén queremos agradecer tanto a nivel individual como colectivo ás administracións, a súa implicación de sete anos con nós, tanto das locais como as da Mancomunidade, a Xunta e a Deputación. Todo iso está creando un ambiente cada vez máis positivo. É máis fácil de traballar porque traballar en equipo é o máis fácil que pode ter un. Hai que ter esa mentalidade como falaba Alfredo, hai que ter a mentalidade da Xunta de axudar aos colectivos a través das liñas que hai, a mentalidade dos alcaldes, neste caso en Foz foi o tema das rúas no que traballamos para humanizalas, as vantaxes unhas veces vense a curto prazo e outras a máis longo”.
E engadiu que “do que se trata desde a Federación desde o primeiro momento é de estar xuntos, falar todos coas administracións, e combinalo coas campañas individuais, xa que cada un ten para defender o seu. Esta campaña é un exemplo das moitas cousas que temos. Entón a mentalización é importante e estas campañas axudan a darlle visibilidade ao comercio local, ao que temos máis preto, ao que fai pobo”.
Ao acto celebrado este mediodía asistiron representantes das Acias que forman parte da FCAM, así coma o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Turismo de Viveiro, Marisol Rey. Desculpou a súa ausencia a deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



