Ribadeo, 8 de maio de 2019. A campaña da moeda local de Ribadeo, a Pancha, rematou o domingo e deixou no pequeno comercio da vila máis de 65.000 euros nun mes. O alcalde, Fernando Suárez, dixo que “foi un éxito rotundo”.
A campaña de apoio ao comercio local que supuxo unha inxección de 10.000 euros por parte do Concello e que garantía un gasto mínimo de 40.000 euros no pequeno comercio resultou todo un éxito tanto desde o punto do impacto do gasto como da imaxe de marca deste sector en Ribadeo, así como da unión e adhesión de establecementos, foron un total de 83 os que participaron na campaña das Panchas.
O rexedor dixo que “esta campaña, que se puxo en marcha o 5 de abril e que rematou o pasado domingo, foi unha gran aposta do goberno municipal a prol deste sector tan importante na nosa localidade. A rápida venta da moeda local, que comezou o pasado 4 de abril en ABanca, xa presaxiaba o que finalmente se confirmou, pois os 1.000 packs de Panchas que se puxeron á venta desde o Concello, nunha campaña pioneira e innovadora na que colaboraron ABanca e Acisa, voaron en poucos días e puxeron en Ribadeo 40.000 Panchas/euros a rodar durante un mes”. Suárez Barcia subliñou: “hai que ter en conta que o gasto real realizado no comercio foi maior. A falta de que rematen as validacións o próximo 20 de maio, o movemento contabilizado ata o de agora superou os 65.000 euros”.
O alcalde ribadense sinalou que “esta campaña planificouse como necesaria e positiva para comezar a falar de algo fundamental como é o comercio local e de barrio, principal axente dinamizador da vida nas vilas e activador da economía local no seu conxunto, e sector fundamental en Ribadeo”.
Fernando Suárez engadiu que “desde o Concello queríamos facer unha campaña específica para o comercio, un sector básico na nosa vila, e reforzar a idea de que o futuro do comercio local e polo tanto do dinamismo e da vida da vila, dependen das nosas decisións conscientes de consumir en clave local, de aí o noso manifesto que acompañou a esta campaña. Esta campaña, na que puidemos comprobar a gran satisfacción tanto por parte das persoas comerciantes como das persoas clientes, demostrou a forza que ten o noso comercio, visibilizando a grande oferta e diversidade que existe en Ribadeo, e o motor económico e social que supón o comercio de proximidade para o futuro da nosa vila”.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



