Ribadeo, 14 de maio de 2019. O Partido Popular de Ribadeo inclúe no seu programa electoral a construción de dúas novas plantas no aparcamento municipal para triplicar o seu número de prazas. Esta iniciativa foi presentada polo candidato do PP á Alcaldía ribadense, Daniel Vega, no propio aparcamento e ademais fixo públicas imaxes de como quedará o parking despois desa ampliación.
Daniel Vega explicou que se trata dunha “proposta clara para solucionar un problema que existe en Ribadeo, a falta de prazas de aparcamento. Nós levamos no programa electoral a ampliación do actual aparcamento municipal en dúas fases, a curto e medio prazo. En primeiro lugar construiríase un subterráneo, co que duplicaríamos as prazas de aparcamento; e a medio prazo faríase unha altura, co que se triplicaría a capacidade do parking”.
No apartado de aparcamentos e seguridade viaria do programa dos populares de Ribadeo inclúese tamén que xestionarán “a construción dun segundo acceso á vila ribadense desde a autovía A8 e doutro acceso á circunvalación desde a estrada de Vilela; a mellora da iluminación na vila, especialmente nos pasos de peóns, e tamén nas parroquias; a humanización dos barrios periféricos da vila; a redacción dun novo plan de tráfico e seguridade viaria, que poña especial atención nas zonas escolares, e a construción de aparcamentos públicos nas parroquias, nunha primeira fase en Rinlo, Santalla de Vilaosende, Couxela e Covelas”.





















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



