Alfoz e O Valadouro, 15 de maio. Os concellos de Alfoz e O Valadouro emprenderon a comezos desta semana un programa de accións educativas contra as violencias machistas, financiado con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad, a través da Secretaría de Estado de Igualdad. As accións tiveron lugar no IES Alfoz-Valadouro que acolle alumnado de ambos os dous concellos.
Conscientes da importancia da erradicación de todo tipo de violencias tanto na adolescencias, cando se comezan a manifestar as conductas violentas, como en idades máis temperás, para evitar que estas aparezan, as accións levadas a cabo o pasado 13 e 14 de maio dirixíronse ao alumnado dos catro niveis de Educación Secundaria Obrigatoria, que sumaron máis de 70 de alumnos e alumnas.
Durante as actividades realizáronse dinámicas orientadas á concienciación e reflexión sobre a violencia de xénero, como por exemplo a visualización da curtametraxe “Diana en la red”, coa que o alumnado puido poñerse na pel das persoas protagonistas para despois reflexionar e estimular o cambio de crenzas e conductas violentas.
O Alcalde de O Valadouro, Edmundo Maseda, e a concelleira da área de Servizos Sociais e Educación. María Mon, así como o Tenente Alcalde do Concello de Alfoz, Xabier Pardiñas, estiveron presentes o pasado luns para saudar ao alumnado e manifestaron a súa preocupación polas actitudes violentas entre as e os adolescentes e a importancia da súa implicación nos talleres.
A empresa ReTnova Proxectia Consulting foi a encargada da posta en marcha deste programa de accións educativas para contribuír á eliminación das violencias machistas e á promoción das relacións igualitarias entre os e as menores de idade.























A representación terá lugar este sábado día 18, ás 19:30 horas, no local social da Asociación de Veciños de Marzán, un dos destinos habituais nas xiras anuais da compañía. O Centiño mantén así a tradición de visitar este espazo, onde agarda compartir co público unha tarde divertida e chea de humor. A agrupación teatral continúa así coa difusión da súa nova obra, que segue a percorrer diferentes escenarios da comarca.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o vindeiro domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este mediodía o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.



