Burela, 3 de maio de 2019. O salón de plenos do Concello acolleu este mediodía a presentación da XVIII Feira Monográfica Náutico-Pesqueira Expomar 2019. No acto interviñeron o xerente, José Manuel González, o alcalde e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro. Tamén asistiron representantes de Absa e da confraría de pescadores de Burela, entre outros.
Llano subliñou que “este ano imos ter unha singularidade este ano como é a celebración do Consello Galego de Pesca, que é a primeira vez que sae de Santiago de Compostela. Polo tanto cremos que é unha oportunidade interesante que fagan en Burela a súa sesión plenaria, que saquen conclusións e que as dean a coñecer no mesmo recinto feiral”.
O rexedor e presidente da Fundación Expomar engadiu que “temos todo preparado na nave de redes para a celebración de Expomar 2019 do 9 ao 12 de maio. Ampliamos este ano 500 metros máis a superficie que ocupa o evento chegando aos 4.000 metros cadrados. Hai que subliñar que houbo moita demanda para participar na Feira Expomar, de Burela. Isto significa que o sector ten moito interese en participar nesta cita, que é unha das máis importantes que hai en todo o estado español. Así que temos que estar moi contentos de que isto sexa así”.
Na XVIII Feira Expomar haberá 140 stands, que representan a máis de 350 marcas.
Alfredo Llano dixo que “este evento é unha oportunidade para dar a coñecer o noso pobo, e é sempre un escaparate enorme onde se pode aproveitar para favorecer o turismo e a economía. A ocupación hoteleira eses días será do 100% no noso concello”.
O encargado de dar a coñecer o programa foi o xerente da Fundación Expomar, José Manuel González. A feira será inaugurada o 9 de maio ás 13:30 horas pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, será o encargado da clausura o 12 de maio ás 13:00 horas.
As XXVI Xornadas Técnicas darán comezo o día 9 ás 17:00 horas no salón de actos da confraría de pescadores. Ese día abordarase o ámbito social da pesca con varias poñentes e o día 10 estará dedicado á xestión pesqueira.
O XX Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras será tamén o día 10 a partires das 10 da mañá na sala de xuntas de Absa. Esa xornada ás 12:30 horas será cando se celebre en Burela o Pleno do Consello Galego de Pesca.
E o 12 de maio, domingo, terá lugar un acto de recoñecemento público a Narciso González, “en agradecemento á labor realizada no nacemento e posterior desenvolvemento da Feira Expomar”, a Catalina Sánchez, “en agradecemento á labor realizada no desenvolvemento e crecemento da Fundación Expomar” e ao programa Vivir o Mar, da TVG, “en agradecemento ao traballo divulgativo das actividades marítimas e pesqueiras en Galicia”.























López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



