Lugo, 6 de xuño de 2019. O Deputado de Turismo en funcións, Eduardo Vidal Baamonde, presentou, xunto coa Alcaldesa de Viveiro en funcións, María Loureiro García, as actividades deportivas que terán lugar este sábado na vila mariñá. Unha data que reunirá a preto de 250 ciclistas, entre as categorías de base que compiten no 36º Gran Premio de San Roque, e os participantes da Copa de España de Ciclismo Adaptado. Durante a presentación estiveron acompañados por membros do Club Ciclista Viveiro, e pola ciclista Mila López Benet. Esta competición oficial consta de 9 probas puntuables, das que a de Viveiro é a terceira, sendo a primeira proba destas características que se celebra en Galicia.
Vidal Baamonde destacou “a importancia que ten o deporte inclusivo para a mellora da calidade de vida das persoas con capacidades diferentes. Ademais, ao xuntalo nunha mesma data, cunha proba tan importante para o ciclismo de base como é o o Gran Premio de San Roque, ofrecémoslles aos máis novos referentes no deporte adaptado que poden servirlles como exemplos de superación persoal e na loita pola integración real”.
A Copa de España de Ciclismo Adaptado está dividida segundo o nivel de diversidade funcional, así os participantes en C1, C2, C3, C4 e C5, que compiten en bicicletas convencionais adaptadas e os corredores de H4 e H5 que o fan en triciclos manuais adaptados para que os deportistas sen mobilidade nas pernas vaian en posición horizontal, percorrerán 30 quilómetros, con preto de 400 metros de desnivel, que, en determinadas zonas, se achega ao 12%. Mentres, que pola súa banda os ciclistas que compiten en H1, H2 tamén en triciclos manuais e T1 e T2 triciclos pensados para a deportistas con lesións neurolóxicas que afectan ao sentido do equilibrio; competirán durante unha hora nun circuíto de 2,5 quilómetros.
Durante a tarde, preto de 220 rapaces e rapazas das categorías cadete, principiante, infantil e alevín participarán no 36º Gran Premio de San Roque. En concreto, a categoría cadete, que constitúe a proba galega do Trofeo Asturcantabrogalego, reunirá a máis de 100 rapaces, que percorrerán 49 quilómetros polo concello mariñán, rematando no Alto de San Roque. A proba tamén inclúe o único campionato Infantil en Ruta de Galicia, no que os ciclistas competirán durante 16 quilómetros, nun itinerario circular con saída e meta en Celeiro.





















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
