Burela, 18 de xuño de 2019. A Concellería de Deportes organiza, un ano máis, as escolas deportivas de verán que darán comezo o 1 de xullo e rematarán o 23 de agosto. As persoas interesadas poden inscribirse do 24 ao 26 de xuño nas distintas actividades que van desde multideportes e xogos tradicionais ata patinaxe, pasando por xogos na praia e rutas en bicicleta. Poderán participar os nen@s nad@s entre os anos 2013 e 2007. No grupo de nen@s de 5 a 7 anos haberá 15 prazas, e os grupos de 8 e 9 anos e maiores de 10 anos contarán con 20 prazas cada un. A adxudicación de prazas farase por rigorosa orde de inscrición e o prezo é de 8 euros ao mes por actividade.
O concelleiro de Deportes en Burela, Ramiro Fernández Rey, explicou que “empezamos a repartir a nota informativa e a ficha de inscrición para as escolas deportivas do verán. Imos ter, como todos estes anos, multideportes e xogos tradicionais que se van facer os luns, os martes imos facer xogos na praia, os mércores imos ter rutas en bicicleta, os xoves imos facer patinaxe, e os venres imos repetir as rutas en bicicleta porque tal e como foi a actividade en inverno vemos que ten moi boa acollida e decidimos facelo dous días”.
Ramiro Fernández engadiu que “o prezo das actividades vai ser de 8 euros mensuais por cada unha delas. Hai unha documentación a presentar porque así nolo requiren os servizos técnicos de intervención, que é unha novidade, e nos están obrigando a pedir unha ficha de inscrición, a fotocopia do DNI do pai ou da nai, a fotocopia do libro de familia e o xustificante de pago da cota”.
O edil burelés dixo que “o 27 de xuño farase pública a lista de admitidos. Pódese entregar a documentación os días 24, 25 e 26 de xuño, para o día 1 de xullo empezar a facer as actividades ata o 23 de agosto, que será o día que rematen”.
Fernández Rey manifestou que “son actividades que teñen moi boa acollida, que seguimos apostando por elas. Esperemos que este ano tamén teñan boi acollida e queremos animar á xente a participar. Penso que son unhas actividades que resultan chamativas, que á xente lles están gustando e seguimos apostando por elas á espera de que acaba este tempada e empecemos outra vez coas de inverno”.



























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
