Lugo, 2 de xuño de 2019.- A Xunta de Galicia destinará 1,1 millóns de euros procedentes do superávit autonómico de 2018 a mellorar e modernizar instalacións de servizos sociais da comarca de Lugo. Estas actuacións forman parte do plan de obras da Consellería de Política Social, que ten como finalidade aumentar o confort e benestar das persoas usuarias dos centros públicos de servizos sociais, así como incrementar a eficiencia enerxética dos mesmos.
A intervención de maior calado é a reforma integral do centro de menores de Santo Anxo da Garda, emprazado en Rábade. Os traballos, que teñen un orzamento de máis de 900.000 euros, consistirán na renovación da envolvente exterior da edificación, así como a mellora das aulas, habitacións e demais instalacións. Ademais de mellorar a comodidade dos residentes, visitantes e persoal do centro, os traballos aumentarán a eficiencia enerxética, algo que beneficiará ao medio ambiente e permitirá reducir o gasto necesario para manter o inmoble a unha temperatura óptima.
Ademais disto, tamén se poñerán en marcha actuación de renovación nas instalacións dos centros sociocomunitarios da provincia lucense. A estas obras dedicaranse 200.000 euros do programa que desenvolverá a Xunta de Galicia.
Outras actuacións na provincia
En total serán 7 os servicios dependentes da Consellería de Política Social na provincia de Lugo que se beneficiarán deste plan de obras. Ademais dos citados anteriormente, tamén se acometerá unha reforma integral no Centro de Atención a Persoas con Dicapacidade (CAPD) de Sarria; renovaranse as residencias de maiores de Monforte de Lemos, Burela e Viveiro e realizaranse melloras no campamento xuvenil de A Devesa, en Ribadeo. Nesta provincia, o Goberno galego investirá 2,5 millóns de euros ao abeiro deste programa.
No conxunto de Galicia hai proxectadas intervencións de reforma e modernización en 34 centros de benestar social, por un montante global de 13,7 millóns de euros e que beneficiarán ás máis de 50.000 persoas que son usuarias dos mesmos. A previsión é que as obras comecen neste 2019, aínda que as de maior calado poderían rematarse no próximo 2020.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



