Viveiro, 27 de xuño de 2019. No día de onte, no Parlamento de Galicia, a Conselleira de Infraestructuras e Mobilidade anunciou que a Xunta iniciará a contratación das obras de mellora da depuradora municipal de Viveiro, en canto o concello remita a aprobación deste proxecto. Ademais de condicionar os prazos á axilidade do concello para a tramitación e á asunción de responsabilidades, asegurou que o concello é o principal responsable dos problemas de saneamento da ría, acusando a esta administración de non xestionar adecuadamente as obras de mellorar nin facilitar os trámites necesarios para que o faga a xunta, entre outras mentiras e faltas de respecto cara esta Alcaldía.
Ante a gravidade e falsidade das acusacións referidas, quero deixar claro que a demora do saneamento da ría de Viveiro non se debe, de ningunha maneira, ao Concello de Viveiro. Levamos anos denunciando a situación existente antes as administracións implicadas, realizando as xestións oportunas para axilizar os trámites, respondendo cada requirimento á maior brevidade posible, chamando puntualmente para obter información actualizada e solicitando reunións con Augas de Galicia e con Costas, tanto en Lugo como en Madrid.
No que vai de ano, o concello recibiu con respecto ao saneamento da ría catro requirimentos: o primeiro, recibido o 16 de xaneiro de 2019, foi contestado o 7 de febreiro de 2019; o segundo, recibido o 8 de maio, que foi contestado o 29 de maio de 2019; o terceiro, recibido o 20 de xuño, que foi contestado o 25 de xuño de 2019; e o último deles, que foi rexistrado de saída na Xunta de Galicia onte, ás 14:35 horas, e que recibimos hoxe mesmo.
É demencial que a Conselleira acuse a este concello de falta de axilididade, cando o último requirimento non fora aínda recibido por esta administración; repítese así o acontecido en maio, cando o candidato do Partido Popular á alcaldía de Viveiro e o Xefe Territorial da Xunta de Galicia fixeron referencia a outro requirimento que se enviara ese día
Cada vez que xorde unha nova polémica publicamente sobre o saneamento da ría, remítese un novo requirimento; non é que o concello envíe mal a documentación, é que cada vez se nos piden cousas novas. Nunha ocasión, a concelleira dixo que non é ela a que fai os informes; evidentemente, eu tampouco, son os técnicos os que emiten os informes e se encargan da tramitación, que se está axilizar o máximo posible tendo en conta que nós somos os máximos interesados do inicio das obras referidas, tendo en conta, ademais, que para contestar algúns dos requirimentos recibidos temos que solicitar informes ou documentación a outras administracións ou entidades.
As mentiras son inadmisibles e poño os expedientes municipais a disposición de todas aquelas persoas que queiran corrobarar este información.
A alcaldesa
María Loureiro García
























Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



