Foz 17-6-19- Memoria da Mariña deu a coñecer este luns o programa de actos cos que lembraran aos loitadores antifascistas Antonia díaz e Luis Trigo Chao, asasinados polo franquismo o 25 de xuño de 1948 en Vilanova de Lourenzá. Segundo sinalou Xosé Luís Fernández Rivera, membro da comisión organizadora da conmemoración, “o obxectivo dos mesmo e facer xustiza con todas aquelas persoas que coa súa loita en condicións moi difíciles fixeron posíbel avanzar cara unha sociedade democrática e deixar testemuño do seu exemplo e do seu compromiso a fin de que se perpetúe e chegue a aquelas xeracións máis novas”.
O programa de actos arranca cunha mesa redonda titulada “Luís Trigo, ferreiro dun mundo mellor” que se celebrará o sábado 22 ás 12:00 h na Casa da Xuventude de Mondoñedo. A intención deste acto é contribuír a un mellor coñecemento da súa figura en diversos períodos e facetas da súa vida, contando nela con persoas estudosas e coñecedoras da súa obra. Así na mesma, participarán Antonio Reigosa, Cronista Oficial de Mondoñedo,Carlos Nuevo Cal, especialista da guerrilla na Mariña, Ana Cabana, profesora da USC e autora de importantes investigacións sobre a guerrilla e a represion en Mondoñedo, Ramón García Piñeiro, grande especialista da guerrilla e investigador das andanzas de Trigo polas terras do Eo Navia, e Fernanda Cedrón Trigo,neta do guerrilleiro .
A xornada terá continuidade ás 17:30 do propio sábado 23 no cemiterio de Vilanova de Lourenzá, lugar onde foron enterrados Luís Trigo Chao e Antonia Díaz Pérez, a carón do monólito erguido por subscrición popular en lembranza dos homenaxeados e que garde testemuña para o futuro do lugar onde xacen os seus restos. No acto de inauguración do monólito tomaran a palabra Xosé Luís Fernández Rivera, en representación da comisión organizadora, Francisco Martínez “Quico”, compañeiro de loita de Luís Trigo e Antonia Díaz, e Fernanda Cedrón, neta de Luís Trigo. O monólito será financiado por unha subscrición popular tendo a comisión organizadora á venda uns bonos axudas dunha contía de cinco euros para aqueles que queiran colaborar co mesmo.
A homenaxe rematará cun recital poético musical en lembranza de Luís Trigo e Antonia Díaz que se celebrará no propio cemiterio de Lourenzá e no participaran os poetas e músicos Marica Campo, Martiño Maseda, Adolfina Mesa, Manuel Regal Ledo, Luís Ferreiro, Margarita Bermúdez, Xosé Leivas,David Otero,Mero Iglesias,Pepe de Noriega,Xosé Fernández Abella, Miguel Medallas e banda e Miro Casabella.A organización colocará cadeiras no cemiterio de Lourenzá para que a xornada sexa máis levadeira para os presentes, previndo a posibilidade de traslado do mesmo ao salón de actos da casa do concello en caso de choiva.
Xosé Luís Fernández Rivera quixo facer “un chamamento a todas as veciñas e veciños da comarca a que se sumen a esta xornada de lembranza a dúas persoas que deron a súa vida para construír un mundo mellor e coa que sociedade actual ten contraída unha débeda pola súa xenerosidade e entrega”. Ao tempo amosou “ o agradecemento a todas aquelas persoas e entidades que nos están prestando a súa colaboración e nos fixeron chegar o seu apoio”.






















Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



