Ribadeo, 17 de xuño de 2019. No bar Galicia, de Ribadeo, foi repartida a papeleta co nº 25.301 da campaña de fidelización Acisa Quérete, que se desenvolveu do 1 ao 16 deste mes de xuño. A persoa posuidora dese número recibirá unha paga extra de 300 euros en vales de compra para gastar nos locais asociados a Acisa. A afortunada ou afortunado terá ata o 21 de xuño para reclamar o seu premio e acreditalo presentando a papeleta correspondente nas oficinas da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos.
O obxectivo desta campaña “foi o de premiar a fidelidade da clientela do comercio de Ribadeo, que nos é fiel desde hai moitos anos e que non nos cambia por nada. Á clientela hai que coidala e premiala, na medida das nosas posibilidades”, explican desde a directiva de Acisa.
O nº premiado no sorteo da ONCE de onte, domingo, foi o 25.301. E tal e como se establecía nas bases desta campaña de Acisa a papeleta cuxo número coincidise con ese sería a que resultaría afortunada cunha paga extra de 300 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados a Acisa.
A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos repartiu un total de 100.000 rifas. O presidente e o xerente, Francisco Iriarte e Jesús Pérez, aseguran que esta campaña de fidelización foi un éxito: “é un bo indicativo, sempre desde a prudencia, do movemento económico de Ribadeo”.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



