Viveiro 17-6-19. Este segundo posto na competición autonómica foi logrado polo conxunto benxamín, conformado polas ximnastas Ruth Palmeiro, Adriana Pérez, Icía Lage, Ángela Martínez, Martina Collazo e Icía Mariño.
As viveirenses actuaron o domingo, a última hora do serán, sobre o tapiz disposto para a ocasión no Pavillón dos Remedios. O magnífico exercicio executado polo equipo da Mariña na cidade das Burgas consolídao entre a elite galega da súa categoría. Este mesmo conxunto xa se alzou o pasado ano coa medalla de bronce no campionato Escolar prebenxamín organizado en Marín (Pontevedra), logrando así o pase directo ao nivel de Promoción no que continúan a colleitar abondosos éxitos na actualidade.
Hai menos dun mes, estas mesmas ximnastas conseguían subir ao primeiro caixón do podio na competición provincial de Lugo, celebrada en dúas fases entre as vilas de Foz e Monforte. Nesta ocasión as benxaminas de Viveiro proclamáronse campioas ao quedaren por diante do Club Quicela monfortino e mais da Asociación Deportiva Aixa de Sarria.
No torneo galego deste domingo as viveirenses foron superadas unicamente polo Club Pavillón Ourense, sendo o bronce para o Club Milenium da Coruña. Esta medalla de prata das de Viveiro ábrelles a porta dun novo ascenso, desta volta ao nivel de Base, dende onde poderán optar a participar no campionato español que terá lugar en Pamplona-Iruñea no mes de novembro.
O vindeiro venres día 21 de xuño, a partir das 17h15, as subcampioas galegas participarán na exhibición final de curso xunto ao resto das súas compañeiras do Club Ximnasia Viveiro. O pavillón Antonio Tarrío acollerá este evento de peche da tempada no que tamén intervirá o conxunto alevín, que obtivo un meritorio oitavo posto nunha das categorías máis competidas do campionato autonómico de Ourense.






















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
