Mondoñedo, 11 de xuño de 2019.- A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural vénlle de remitir ao Concello de Mondoñedo o informe favorable ás obras de ampliación en Coto de Otero, o que conleva a posta en marcha da licitación das obras. Con este paso o Concello tramita xa a dispoñibilidade de terreos, un acordo que aprobou o Pleno por unanimidade.
O Concello de Mondoñedo solicitoulle á Xunta o pasado mes de marzo a autorización das obras de ampliación dunha vía de titularidade municipal no lugar de Coto de Otero, na parroquia de Nosa Señora do Carme. Tal e como explicaba o Goberno local no informe enviado á Xunta, as obras teñen por obxecto mellorar unha infraestrutura viaria de titularidade municipal, en concreto, a que vai da estrada LU-124 cara o barrio de Couto de Otero e que constitúe a vía máis directa que comunica o núcleo urbano de Mondoñedo coa parroquia de Lindín.
A actuación
Determinados treitos da vía presentan anchos moi reducidos e limitados entre os muros de peche e de contención existentes, polo que se proxecta ancheala ao tempo que se adapta á aliñación que marca o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). O planeamento contempla a ampliación do camiño por ambas as marxes ata o comezo do solo rústico.
As obras solicitadas sitúanse dentro da delimitación do territorio histórico do Camiño de Santiago do Norte, polo que cómpre da autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Na autorización indican que o ancheamento da vía resulta imprescindible para proporcionar máis seguridade ás persoas que a usen nun suposto excepcional como é a saída dunha vía de alta capacidade (A-8).
As obras consistirán en:
-Roza e limpeza do terreo con retirada da terra vexetal.
-Demolición do muro de contención e peche, dos pasos salvacunetas existentes, así como do pavimento que sexa necesario retirar para executar o novo paquete de firme.
-Escavación por medios mecánicos para a retirada de terras tras o muro e xunto á calzada para a ampliación da caixa do firme e a cuneta.
-Execución de gabia para aloxar a canalización do cableado.
-Construción de muro de pedra.
-Construción de pasos salvacunetas.
-Execución de nova capa de rodaxe de mestura bituminosa en quente.
-Pintado de marcas da vía e recolocación dos sinais.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



