Foz/Burela, 23 de xullo de 2019. A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional visitou esta mañá as obras que se están a desenvolver nos CEIP de Foz nº 1 (Foz) e CEIP Plurilingüe Virxe do Carme (Burela), nos que o seu departamento investirá un total de 1.676.286 euros con fin de acometer unha reforma integral -enerxética e funcional- de cada un dos centros.
En Foz, a titular de Educación comprobou o desenvolvemento dos traballos no CEIP de Foz nº 1, nos que se investirán 815.989 euros, e que acaban de comezar estes días coa colocación dos andamios en fachada e das casetas de obra.
A reforma contempla a colocación de panel sándwich e illamento térmico na cuberta no edificio de primaria, o illamento da fachada polo exterior mediante sistema SATE neste mesmo edificio, a substitución das fiestras (por outras de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmico e vidro dobre baixo emisivo) e persianas nos dous edificios, e a instalación de luminarias de alta eficiencia enerxética.
Todas estas medidas combinadas supoñen un aforro do 64,70 % no consumo de enerxía primaria non renovable e do 66,10 % en emisións de CO2 no edificio de primaria. Canto ao edificio de infantil, o aforro é do 21,40 % no consumo de enerxía primaria non renovable e do 21,70 % en emisións de CO2.
A rehabilitación integral deste centro inclúe tamén a creación dun gran patio cuberto entre edificacións, a colocación dun novo núcleo de comunicacións (ascensor e escaleira de evacuación) e a redistribución de espazos administrativos, salón de actos e cociña comedor para mellora da súa funcionalidade. Así mesmo, instalarase un sistema de ramplas entre edificios que resolve os problemas de accesibilidade e repararanse e pintaranse os paramentos verticais.
Virxe do Carme
A continuación, Carmen Pomar desprazouse a Burela para ver as obras de reforma integral e mellora da eficiencia enerxética nos tres edificios que compoñen o colexio plurilingüe Virxe do Carme, nas que se investirán 860.297 euros. A actuación inclúe un novo sistema de illamento térmico nas fachadas (sistema SATE) e na cuberta dos edificios empregando paneis de lá de roca. Tamén se procederá ao pintado das fachadas, aulas e corredores e á substitución do solado exterior con baldosa de formigón e do interior con linóleo.
Ademais, substituiranse as actuais ventás por unhas novas con aluminio oscilobatente con dobre cristal e cámara de aire intermedia e un vidro acústico e de seguridade, e cambiaranse todas as caixas das ventás e persianas por modelos de aluminio en color natural e illamento reforzado.
Actuarase no sistema de iluminación, coa substitución completa das luminarias existentes por equipos LED de alta eficiencia enerxética, con regulación e detectores de presenza emprazados estratexicamente nas zonas comúns. Así mesmo, está previsto o subministro e montaxe de falsos teitos, tamén perfectamente illados con lá de roca. Acometerase tamén o azulexado en baños en cor branca de alta resistencia, e a renovación completa de varios aseos máis antigos (fontanería, billas) no edificio infantil e despachos.
Como traballos complementarios inclúese a apertura dun oco no tabique de conserxería (que mellora a visión da entrada do centro), e a instalación dun sistema de apertura automática no acceso principal, así como a substitución do portón principal de ferro por un de aceiro. O acceso peonil da rúa dos Castros disporá de apertura automática desde conserxería, e o que se realiza pola rúa das Escolas ampliarase para dar acceso a vehículos de grandes dimisións e camións. Finalmente procederase á inertización do depósito de gasóleo soterrado e á súa substitución por un máis seguro en superficie.
Actualmente estase a aplicar o sistema SATE polo exterior, pintura interior, falsos teitos e luminarias no edificio 1. No edificio 2 estase a traballar nos azulexados, fontanería, pintura e xa se iniciou a colocación de ventás. Finalmente, no edificio 3 tamén se está a aplicar o SATE, no interior estanse a substituír as portas de madeira, luminarias e falsos teitos, polo que a obra leva un bo ritmo de execución.
Segundo sinalou a conselleira, as obras que se están a realizar responden aos problemas con filtracións de auga rexistrados o pasado curso, que obrigaron a executar accións de urxencia agora completadas con estes traballos.























O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



